Puntualización do CCE ante o accidente de Gas Natural en USA

Posted Febreiro 8, 2010 by Comité Cidadán
Categories: Comunicados Comité Cidadán

Onte, ás 5 da tarde hora española, producíase en Connecticut (EEUU) un gravísimo accidente nunha Planta eléctrica de ciclo combinado, ao facer explosión unha canalización de gas natural.

Transcorridas 24 horas do suceso, continúa sen pecharse definitivamente o balance de vítimas, posto que parte dos traballadores poden estar aínda baixo os escombros da Planta. Algúns medios apuntan a posibilidade de 50 mortos e un centenar de feridos.

A Planta, aínda en período de probas, está situada a 4 quilómetros da cidade de Middletown (40.000 habitantes) nunha zona apenas poboada.

Ante esto, o Comité Cidadán de Emerxencia,  plantexase o seguinte:

Esta explosión de Gas Natural tivo lugar nunha central eléctrica – como ben dixo hoxe en Radio Voz o Alcalde de Mugardos – non nunha Planta de Gas, e aínda así causou numerosas vítimas, a planta quedou totalmente esnaquizada e causou importantes danos a numerosas vivendas bastante afastadas. Os efectos da explosión notáronse nun radio superior a 25 km.

De producirse unha situación similar na planta de Reganosa (o que o Sr. Barcia denomina “futuroloxía”, e no que non quere entrar), as consecuencias – é evidente – serían gravísimas. Tanto polo volume de gas almacenado, como polo efecto multiplicador que supón a contigua planta de Forestal do Atlántico que almacena enormes cantidades de produtos tóxicos.

 Ao estar situada no interior da ría, a poucos metros de núcleos de poboación, a 600 metros de Mugardos e a pouco máis dun quilómetro dos Arsenais e cidade de Ferrol, os mortos terían que contarse por miles.

Unha vez máis este Comité Cidadán, reitera o mantido nos últimos dez anos, en canto á ilegal localización da planta (aínda que “conte con todos os permisos”), o seu perigo permanente así como o tráfico de gaseiros no interior da nosa ría.
Urxe que o Tribunal Supremo dite sentencia confirmando as emitidas no seu día polo Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, favorables a este Comité e recorridas pola Xunta de Galicia.

Urxe – agora que ainda estamos a tempo – que os poderes políticos, – locais, autonómicos e estatais – que consenten esta temeridade, tomen a determinación de erradicar do interior da nosa ría esta ameaza real e permanente.

Urxe tamén que os cidadáns e cidadás da contorna, como o vimos facendo desde fai unha década, e cada vez con máis razóns e con máis motivos, porque o tempo corre na nosa contra, tomemos conciencia e esixamos publicamente o noso dereito a vivir libres deste perigo.

 ¡ PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA ¡

Enorme explosión de Gas nunha Central de ciclo combinado en USA.

Posted Febreiro 7, 2010 by Comité Cidadán
Categories: Comunicados Comité Cidadán

Varios mortos, un número indeterminado de desaparecidos e un centenar de feridos (algúns en estado crítico),provocou a explosión dun gasoducto nunha central eléctrica – a planta de Kleen Energy, en Middletown – ao sur da cidade de Hartford, Connecticut, unha instalación de 620 magawatios aínda en construción. A central estaba en fase de probas e estaba previsto conectala á rede eléctrica este verán.

O incidente ocorreu sobre as 17.00 hora peninsular española, cando rebentou unha das tubaxes de gas da central. A enorme deflagración foi confundida por un terremoto por veciños que viven a máis de 16 quilómetros da planta.
O administrador da planta, indicou que no momento da explosión os equipos levaban a cabo unha serie de operacións para limpar as tubaxes.
As autoridades locais atribuíron o suceso a unha fuga de gas e a intensidade da explosión podería atribuírse ás grandes cantidades de gas almacenadas nas instalacións. A central quedou practicamente arrasada.
A Policía desaloxou o lugar e informou de que o número de falecidos podería aumentar, pois os servizos de urxencia aínda traballan no lugar da explosión, que se deixou sentir en 24 quilómetros ao redor da planta, xa que un certo número de traballadores, atópase en paradoiro descoñecido e poden acharse entre os escombros. No momento do sinistro traballaban na planta unhas 150 persoas.
Unha fumareda negra pódese ver a varios quilómetros, procedente da planta accidentada, mentres varios helicópteros e un centenar de vehículos de emerxéncia e ambulancias evacuan aos feridos (uns 100, varios deles en estado crítico) aos hospitais máis próximos.

Carmelo: ¡A loita continúa!

Posted Febreiro 6, 2010 by Comité Cidadán
Categories: Comunicados Comité Cidadán

NALGURES

 Nalgures andarás, nalgunha guerra,
quizais nunha cidade destruída
osmando entre os cadáveres a vida,
que o oficio de vivir nunca te aterra.

Sempre a loitar coa xente que se aferra
aos soños e que aposta na partida
non dando nunca a causa por perdida

loitando sempre polo mar e a terra

Pintando arcos da vella na tormenta,
liñas pintadas coma pontes,
cousas de non matar e bolboretas,

así te podo ver, sempre á mantenta
onde se movan máis os horizontes,
que as ondas do teu mar nunca están quietas.

                                                            Marica Campo

Hoxe, sábado 6 de Febreiro, en Caranza, xunto aos tres carballos plantados no seu recordo, no parque que leva o seu nome, celebrouse un acto sinxelo e entrañable dedicado a Carmelo Teixeiro, cando se cumpre o segundo aniversario do seu falecemento.
A emoción coa que case un centenar de persoas depositaron un caravel no mar onde Carmelo descansa, ademáis dun acto de recordo e de solidariedade coa súa familia, é un sinal inequívoco de que as súas compañeiras e compañeiros seguimos na loita e non abandonaremos ata conseguir que algún día, Carmelo poida ver cos nosos ollos o final desta ameaza contra a que tanto loitou.
Do compromiso, da tenacidade e da entrega xenerosa de Carmelo, así como do seu esforzo de toda unha vida por facer un mundo mellor, falaron na súa intervención Luz Mariña Torrente, Presidenta dá A. VV. “O Cruceiro” de Mehá e Eliseo Zaera, Presidente do Ateneo Ferrolán,  membros do Comité Cidadán de Emerxencia.
Lalán, como coordinador do CCE, estableceu unha conversa con Carmelo na que lle dicía:
“Saberás Carmelo que a ameaza segue en pé. A morea de postos de traballo que ian crear, esfumáronse, é mais, vivimos unha profunda crise económica, consecuencia da rapiña e da especulación levada adiante por unha minoría que cementou unha gran parte do solo do estado español, do que Reganosa é un exemplo.

A destrución da Ría avanza. A produción de gas disminúe, os ciclos funcionan ao ralentí. Esta realidade amosa a falsedade dos datos aportados polos promotores para obter a autorización da Planta.

Para nos, a seguridade, a defensa da vida, da legalidade e da Ría, son fundamentais. Pero agora sabemos tamén que é unha instalación innecesaria.

Carmelo, tamén saberás que seguimos aquí contra esta ameaza, con todos os frentes de loita abertos: xurídico, administrativo, mediático e de movilización, que ao longo deste ano – Décimo Aniversario – desenvolveremos”.

E así seguiremos, porque nós non nos resinamos, Queremos deixar ás novas xeracións un entorno habitable, sin ameazas. Conseguiremos que o espírito de rebeldía que tiña Carmelo cristalice nesta sociedade e impediremos que estes sectores económicos e financieiros, cuio obxetivo non é máis que obter beneficios sen ningunha outra consideración, a base de explotar aos seres humanos e a propia natureza, sigan dominando o presente e o futuro.

Tras das intervencións citadas, a música e a poesía selaron este compromiso de solidariedade.
Na voz de Pin Patinho, unha versión especial para Carmelo, de Xan Tavía, do poema NALGURES de Marica Campo. A música de Bach desde o violín de Estrela Gómez, e o son dás gaitas de André e Agulló (A Revolta) encheron o parque e os corazóns presentes de saudade e determinación.

 

 Compañeiro Carmelo : ¡ A loita continúa ¡
¡ PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA ¡

Album fotográfico (fotos de Suso Pazos)

 

Recordando a Carmelo (de José Torregrosa)

Posted Febreiro 6, 2010 by Comité Cidadán
Categories: De amigos

Desde la Asociación “Fuco Buxán”, donde tanto tuvo que hacer ese hombre entero, quiero expresar-está sonando Bach- su vívida nostalgia y su presente. Pues la lucha por la Razón aún sigue en  pie, desde esa ría que mece su brillante ceniza, continúa llegando la exigencia de su aliento, uno más entre todos, arrimando hombros y argumentos.

¿Qué se llevó la muerte de Carmelo? No su energía y su fe esperanzada en el futuro; no su bondad, que nos sirve de ejemplo. Si acaso, alejó su cabal cercanía; pero no más allá del horizonte de una empresa en común y salvadora: “Planta de Gas Fuera de la Ría”. Él fue su impulsor y baluarte; su vanguardia y su fuerza integradora. Ni la Comadre Seca fue quien para agotar su fuerza convencida. No se cansó Carmelo ni en la Hora: cayó, no lo callaron nunca, rodeado de molinos de huracán corrupto, de plantas venenosas, de cámaras de gas donde debía perecer Naturaleza y Vida…

Continúa ….

Homenaxe a Carmelo no II Aniversario

Posted Febreiro 4, 2010 by Comité Cidadán
Categories: Convocatorias Comité Cidadán

Organizado polo

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

 Sábado, 6 de febreiro 2009, ás 12 h

en Caranza (Parque Carmelo Teixeiro)

 celebrarase unha homenaxe a quen foi o seu primeiro Coordinador.

 Carmelo Teixeiro Menéndez

 ao celebrarse o segundo aniversario do seu pasamento.

Alí, no parque que leva o seu Nome, ao pé dos tres carballos plantados na súa memoria, lembraremos a Carmelo, a súa labor ao fronte deste Comité Cidadán e a súa semente de loita e compromiso contra o maior perigo a que se enfronta a nosa comarca, a Planta de Gas ubicada no interior da Ría de Ferrol.

Será un acto sinxelo, coa intervención de membros do Comité e a música de Estrella e o su violín e do grupo A Revolta.

Farase unha ofrenda floral na que tod@s estamos convidados.

Carmelo Teixeiro, Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol, dedicou os dez últimos anos da súa vida a dirixir con eficacia, enerxía e constancia todas as actividades desenvolvidas en contra da ubicación da Planta de Gas, da defensa medioambiental da Ría e da vida dos seus habitantes.
Ademais, Carmelo Teixeiro desempeñou un importante papel na Transición política do noso país. Procedente das JOC, participou activamente no movemento sindical de Bazán dos anos sesenta ( foi xurado nas eleccións de 1963) e na reconstrución do movemento socialista na comarca, pois foi fundador da USO, posteriormente dirixente da UXT e formou parte da dirección do PS de G-PSOE, desde 1978.
Fundador e primeiro presidente da Asociación Cultural Fuco Buxán e da Revista “Razón Socialista”, o seu traballo sempre intenso, desinteresado e discreto, ao longo de toda a súa vida, polas causas sindicais, políticas e sociais, é un exemplo de entrega e compromiso para as compañeiras e compañeiros que se esforzan cada día por acadar un mundo máis xusto e solidario.