Manifestación 3 de xuño, ás 12 h Porto de Ferrol
REGANOSA ILEGAL E FORA DA LEI:
O acta irregular asinada por Francisco Barroso Palomino, Director Provincial do Area de Industria e Enerxía da Coruña, ten data de 4 de maio e será impugnada polos nosos avogados nun contencioso administrativo nos tribunais. Estas Plantas de Gas necesitan tres autorizacións (Real Decreto 1434/2002). Para Reganosa as dúas primeiras, a administrativa previa de 3/6/2002 e a de construción de 13/2/2004, xa foron atípicas e irregulares, porque previamente ás mesmas non foron acreditados os requisitos que é obrigatorio sexan resoltos antes de outorgar as devanditas autorizacións. Contra ditas dúas primeiras autorizacións están a tramite senllos contenciosos administrativos no Tribunal de Xustizaz de Madrid. Agora presentarase un novo contencioso contra o acta asinada por Francisco Barroso, quen non verificou o cumprimento de todos os requisitos que nas anteriores foron trasladados para verificar antes de asinar o acta de funcionamento. Hai outros cinco contenciosos nos Tribunais españois e un expediente na Comisión Europea.
Por outra banda Reganosa non fixo avaliación de impacto ambiental. Por iso existen dúas sentenzas do TSXG contra o seu tramposa tramitación ambiental aprobada pola Consellería de Medio no ano 2001 co apoio do Sr. Fraga. A firmeza de ditas sentenzas está pendente dunha decisión do Tribunal Supremos nos recursos de casación de xullo de 2004 e setiembre 2006 presentados pola Xunta de Galicia e por Reganosa
A trama dos promotores de Reganosa con apoio da Xunta de Galicia para burlar a lei, continuou trasladando para a autorización de construción a cumplimentación das distancias ás poboacións próximase tamen a saída ao mar dos buques gaseros en caso de urxencia, quedando postergada a sua cumplimentación en forma de condicionados citados na autorización de construción ou escondidos nos informes dos organismos, que por presión política e da trama economica informaron favorablemente, cubríndose as costas facendo constar os devanditos condicionados que Reganosa non ten resoltos.
A terceira autorización compete ao Area de Industria e Enerxía, unha dependencia da subdelegación do Goberno. No caso de Reganosa, antes de asinar o acta de funcionamento, o devandito organismo tería que verificar se foron cumprimentados os condicionados que a autorización de construción trasládalle como pendentes e así mesmo os condicionados escondidos nos informes previos aos que alude a pagina 3 da autorización de construción. Pero Francisco Barroso Palomino, saltándose olímpicamente os condicionados pendentes, asinou un Acta de posta en servizo parcial para probas durante tres meses, que só a podería dar se estivese en trámite a autorización definitiva e con todos os condicionados de construción cumprimentados. Só cunha visita á Ría de Ferrol, a primeira ollada pódese apreciar que son imposibles de cumprimentar os condicionados de distancias á poboación segundo o articulo 12 do Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo (Seveso II), en España o RAMINP require un mínimo de dous quilómetros, ou o da saída de urxencia dos metaneros segundo a norma EN-1532. Ademais Reganosa non terminou as obras, e está construíndo un sistema de vaporización de GNL non contemplado na súa autorización de construción, para empregar ao dia 330.000 toneladas de auga do mar, á que inxecta cloro para matarlle organismos vivos co que a auga sae esterilizada e con restos de cloro. En esa falsa acta de 4 de maio está fundamenta a entrada ilegal de metaneros cargados con GNL.
Xuño 1, 2007 at 11:39 am
Vamos ver Marcos. Tan difícil é entender que cando se pide “Bastida libertade” é un acto de solidaridade cunha persoa que se involucrou na defensa da ría e por tanto é libertade para todos os que a defendemos. Tí fas xuizos de valor preventivos e non entendes que tamén se poderían facer contigo. Calqueira podería entender (eu non o fago) que tí non estás interesado en defender a ría e sí en atacar a Bastida.
Quizáis teñas motivo para estares indignado, pero se non somos capaces de encauzar as emocións e dirixilas a unha meta, neste caso o translado da regasificadora, estaremos dando voltas arredor de sí.
Non pido que elimines as emocións, senón que as elabores, facendo concursar na elaboración o sentidiño das cousas. É condición necesaria para amuderecer as causas xustas que contemos con persoas maduras capaces de daren pasos á fronte.
Xirar coma un trompo sobre o mesmo non che fai máis ético que os demáis. Non te enganes.
Espero que o sentido ético auténtico che faga reconsiderar a túa decisión de non seguir participando na defensa da ría. Necesitámoste para botar a planta de gas, fora da ría de Ferrol. Unha aperta.
Xuño 1, 2007 at 2:06 pm
Non se sacrifica tanto. Só algunha persoa inmadura. Unha lástima.
Xuño 1, 2007 at 3:07 pm
Está claro que a única forma de chamar a tención e sair nos medios, e montala e que a policia cargue contra os manifestantes( que por certo o están desexando na mais baixan, só hai que mirarlles a cara.) Cos asteleiros o fixeron en Cadiz i Euskadi e parecía que o problema era só de eses sitios. Entón e o que queda, manifestación e bronca para sair nos medios e que a clase politica se entere. O domingo é unha manifestación na que iran bebes, nenos, abos, etc, polo que ten que ser totalmente pacífica e tranquila, pero haberá que facer outra na que se nos oia, e xa sabemos o que facer, para sair nos medios e que toda Europa entérese do que temos en Ferrolterra.
Xuño 1, 2007 at 9:24 pm
Nota do administrador do Blog: por indicación do Comité aqueles comentarios, que non se axusten ao conflicto na ría de Ferrol con Reganosa, directa o indirectamente, ou cos asuntos medio ambientais, ou que sexan difamatorios coas persoas serán revisados.
Xuño 1, 2007 at 10:01 pm
Hola voas,
Só quero dicir que paréceme incrible que se publicara na Voz de Galicia un articulo que facia referencia a un estudio da universidade de Santiago e de Vigo no que suxeria que o efecto medioambiental da acticvidade de Reganosa de ria era mínimo. Realmente, pareceme incrible, xa que o citado estudio esta pagado pola propia reganosa, que supoño que para seguir pagando o estudio da influencia da actividade, esta non podera ser negativa. O autor do citado traballo e D Victoriano Urgoorri noatable ferrolano de pro, para o que o porto exterior foi un gran desastre para a ria, mentras que non supon ningunha ameaza ambiental ( ¿podera ser que para facer o estudio de impacto ambiental e posterior seguimento da obra do porto exterior non contaron con el, e neste caso, Reganosa , si contaron?).
O que mais medo meda e que personaxes coma estes deambulen polo mundo adiante e sexan a “elite” intelectual e cientifica (o polo menos eso din).
Saudo e forza
PD: o dia 7 esta en Vigo no congreso no que se van a expoñer os resultados da marea negra (http://otvm.uvigo.es/vertimar2007/programa.html)