UN DÍA DE ESPERANZA


A manifestación convocada hoxe. Día 17 de Febreiro, en Santiago, pola Rede “Galiza non se vende”, tivo una desposta contundente.Unhas 10.000 persoas, de tódolos puntos de Galicia, mostraron sonora e festivamente o seu rexeitamento a destrución do terrotirio, cun plantexamento nídio a os que nos gobernan de que é moita hora xa de parar esta desfeita.
Hoxe encheu Compostela o pobo autoorganizado, o pobo que non quere morrer e defende con dignidade a súa Terra, a paisaxe, a natureza, a nosa identidade e a nosa forma de vida. Este domingo – como dí o MANIFESTO DA CONVOCATORIA - converteuse nun día radiante de esperanza para a terra dos nosos pais e dos nosos fillos, para a vida e para o noso ameazado planeta.
Houbo tamén neste acto un momento de emoción e de lembranza para o noso Coordinador Carmelo Teixeiro. E a nosa loita en contra da ubicación da Planta de Gas, recibeu a solidaridade e o apoio – unha vez máis – de tódolos asistentes.
GALIZA NON SE VENDE
Terra viva e vida digna para todos
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA
Febreiro 26, 2008 at 7:37 pm
[...] o lema “Contra a destrucción do territorio”, a que asistíu unha ampla representación de Ferrolterra, ocupando un lugar central en dita manifestación a consigna “PLANTA DE GAS FORA DA [...]