A concentración do pasado sábado, día 10 de xaneiro

A precipitación da convocatoria, e o ser, para moitos, o terceiro día consecutivo de concentración ( 38º Gaseiro, Solidariedade con Palestina e 39º Gaseiro), non impedíu que medio cento de persoas asistisen ao chamamento do Comité Cidadán de Emerxencia, para reunirse fronte ao Edificio da Xunta de Galcia e rexeitar o temerario tráfico de gaseiros no interior da Ría, que esta comarca vese obrigada a soportar como consecuencia da ilegal e perigosa ubicación da Planta de Gas.
Dacordo coa postura mantida nos últimos dez anos, e conforme ao determinado na XX Asemblea Cidadá, estas concentracións se seguiran convocando cada vez que un gaseiro cargado de Gas Natural Licuado irrompa na nosa Ría, agravando a situación de perigo permanente e de deterioro ambiental, paisaxístico e laboral que estamos a soportar.
¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!
Explorar artigos nas mesmas categorías: Comunicados Comité CidadánEtiquetas: Gaseiros, Planta de Gas, Reganosa
Podes comentar embaixo ou enlazar a este URL permanente desde o teu sitio.