Accidente de Gas Natural Liquado en Berlín

Dous trens colisionaron esta madrugada en Berlín, segundo distintos medios de comunicación, causando 25 feridos, algúns de gravidade.
O suceso producíuse cando un tren rexional procedente de Stralsund (norte de Alemania) alcanzou por detrás a un convoy de mercancías que transportaba gas líquido e que transitaba a pouca velocidade.
Polo momento, ao parecer, non se produciu ningunha fuga de gas.
Este CCE considera que calquera accidente no tranporte do GNL (ferrocarril, estrada ou marítimo) é un gravísimo risco, dado que se o sinistro afecta aos sistemas de enfriamiento do gas licuado, este pasaría, nun tempo moi breve, ao estado gaseoso, o que multiplicaría moitas veces o seu volume, causando a inevitable explosión e incendio. Sementaría a destrución e a morte nun radio proporcional ao volume da carga.
Para a Planta de Gas situada no interior da nosa Ría, o radio calculado – e tantas veces difundido – é de DOUS QUILÓMETROS.
¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

Tags: accidente gas, accidente GNL, ferrol, Mugardos, Reganosa
You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.