O CCE ante a sede de FEUGA en Compostela
Hoxe, unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol estivo presente na sede de FEUGA (Fundación Empresa -Universidade Galega), en Santiago de Compostela, onde se celebraba o II SEMINARIO SEVESO, no que participan entre outros, profesionais da seguridade industrial e técnicos estatais, municipais e autonómicos, para tratar problemas detectados na implantación da normativa, as solucións adoptadas e as perspectivas de futuro que se prevén.
Na organización destas xornadas colabora, entre outras empresas e institucións, FORESTAL DO ATLÁNTICO e REGANOSA, establecidas no Concello de Mugardos. Empresas ámbas que incumpren flagrantemente a Lei Seveso, e cuxa perigosa localización vén denunciando desde hai unha década este Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
A delegación do Comité Cidadán de Emerxencia, fixo entrega a cada participante no Seminario, do comunicado que engadimos na nota anterior desta web.
¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡
Explorar artigos nas mesmas categorías: Comunicados Comité CidadánEtiquetas: FEUGA, Ley Seveso, Reganosa, Santiago
Podes comentar embaixo ou enlazar a este URL permanente desde o teu sitio.