O CCE solicita colaboración económica
O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid leva o procedemento nº 966/2004 contra a autorización de construción das instalacións de Reganosa.
Na fase de probas, o Tribunal, a petición da avogada que leva o caso, designou por sorteo un perito xudicial, mariño mercante, para que realice un informe sobre diferentes aspectos relacionados coas limitacións que poden ter as manobras dos buques gaseiros nas súas entradas e saídas da Ría de Ferrol para a subministración da planta de regasificación.
A provisión de fondos -que ascende a 4.200 euros- xa foi ingresada no xulgado.
Para recuperar o diñeiro adiantado solicítase unha achega extraordinaria, en función da dispoñibilidade particular de cada un.
Este informe considérase de moito interese pola relación directa que supón o tráfico de gaseiros cargados de GNL con riscos para toda a poboación da ría.
As achegas pódense realizar ingresando na conta do Comité Cidadán de Emerxencia:
C.c. en Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España:
00493315772894017995
Desde o Extranxeiro:
ES 71 00493315772894017995