mércores 31: Praza de Armas ás 10,15 h
Mañá mércores 31 de marzo, o Ministro de Fomento visita o Concello de Ferrol.
O Comité Cidadán de Emerxencia convida a cantas persoas queiran sumarse a acompañar – na Praza de Armas, ás 10,15 horas, – á representación do Comité que fará presente ao Ministro a necesidade de paralizar a actividade de Reganosa, pola súa peligrosidade e por tratarse dunha Planta innecesaria, ao 30 % da súa capacidade, sen demanda e deficitaria, que pervive a costa dos fondos públicos, en beneficio exclusivo dos seus promotores.
Explorar artigos nas mesmas categorías: Convocatorias Comité Cidadán