|
A recente condena a dous anos de cárcere e menos de nove mil euros de multa aos directivos de Union Carbide, 26 anos logo da traxedia causada por un xigantesco escape de gas letal na localidade india de Bhopal, supón unha concesión de impunidade para que empresas e directivos sen escrúpulos continúen causando os maiores desastres ecolóxicos na súa busca do maior beneficio a calquera prezo.
Para evitar incidentes tras a sentenza prohibíronse reunións de máis de catro persoas, polo que non se permitirán manifestacións, protestas ou cánticos cerca do tribunal.
O inicio de actividade desta Planta foi precedido – como aquí sucede con Reganosa – de numerosas advertencias e protestas polo seu perigo, desoídas e xustificadas pola creación de postos de traballo nunha zona deprimida, e a adopción de medidas de control, falaces argumentos sempre utilizados cando se trata de pór en perigo vidas e medioambiente.
O 3 de decembro de 1984, e debido ás nulas medidas de seguridade da planta, máis de 500.000 persoas quedaron expostas ao gas isocianato de metilo nunha reacción química da planta de Union Carbide en Bhopal. Desde entón morreron máis de 22.000 persoas e hai 150.000 sobreviventes que padecen enfermidades crónicas, moitos deles nenos nacidos con horribles deformidades ou que sofren atrasos de crecemento ou mentais, padal hendido e parálise cerebral. Foi o desastre industrial máis atroz da historia.
O anuncio do goberno da India de que no xuízo esixiría responsabilidades civís e criminais e de que perseguiría duramente ás empresas químicas americanas Union Carbide e Dow Chemical (actual propietaria de Union Carbide) polo envenenamiento de Bhopal, quedou en papel mollado.
É posible que tanta benevolencia débase aos plans de investimento que Dow Chemical segue prometendo na India. Nada se sabe tampouco da asunción de responsabilidades nin da limpeza da contaminación deixada pola empresa, que desde entón envenena a auga potable dos 25.000 habitantes de Bhopal, nin da promesa de creación dunha Comisión que estude e provea as necesidades de benestar dos sobreviventes, nin da restauración ambiental, social, económica e sanitaria da zona.
|
| |
|
Máis información e vídeos en Colectivo Artabra 21
Like this:
Be the first to like this .
Explorar artigos nas mesmas categorías: Comunicados Comité Cidadán
Esta entrada foi publicada o Xuño 9, 2010 ás 4:27 pm e está arquivada en Comunicados Comité Cidadán. Podes subscribirte aos comentarios deste artigo cun feed RSS 2.0. Podes comentar embaixo ou enlazar a este URL permanente desde o teu sitio.