A denuncia do CCE contra Reganosa, no Parlamento Europeo
O Comité de Peticións do Parlamento Europeo vai tratar o vindeiro 25 de Outubro de 2010, a denuncia [Petición Nº 1322/2007] contra Reganosa, que por casualidades da vida coincide co mesmo día no que se reune a Xunta de Accionistas de Reganosa, para tratar sobre o cambio accionarial previsto.
O pasado 23 de Febreiro de 2010, nunha das súas reunións Plenarias a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo aceptou a ampliación das denuncias que, contra a Planta Regasificadora que a compañia Reganosa ten en Mugardos, foron presentadas por Esquerda Unida e polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
O Comité Cidadán de Emerxencia vai seguir demandando, na reunión plenaria do Comité de Peticións -a través de quen o represente, “a paralización da Planta, polo seu perigo evidente e polo custo económico innecesario para toda a cidadanía que se está mantendo, exclusivamente para beneficio dos seus promotores, coa complicidade das autoridades estatais, autonómicas e locais“.
Explorar artigos nas mesmas categorías: Asociación do ComitéEtiquetas: Denuncia Parlamento Europeo, Mugardos, ría de ferrol, Reganosa
Podes comentar embaixo ou enlazar a este URL permanente desde o teu sitio.