Avanzan as denuncias contra Reganosa no Parlamento Europeo
A Comisón de Peticións do Parlamento Europeo, en sesión celebrada onte 25 de outubro, acordou seguir tramitando a denuncia contra a ilegal e perigosa Planta de Gas de Reganosa, que fora presentada por Esquerda Unida e o Comité Cidadán de Emerxencia, e que foi defendida nesta sesión polo eurodeputado de EU, Willy Meyer, do Grupo Confederal Esquerda Europea e vicepresidente da citada Comisión de Peticións.
Segue tamén o seu trámite, na Comisión Europea, outra denuncia (Refª: Ayudas de Estado-CP 309/2007, de 29.10.07 e alegacións complementarias posteriores) ante a Dirección General de la Competencia, presentada pola A. VV. O Cruceiro de Mehá e a Federación Veciñal “Roi Xordo”.
Confiando que o esforzo permanente de oposición da cidadanía e a xustiza (tal como ten confirmado en varias sentenzas o noso Tribunal Superior) acaben co perigo e o despilfarro económico a que esta Planta de Gas nos somete, proseguiremos na nosa demanda, como hai más de unha década vimos facendo:
¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!
Explorar artigos nas mesmas categorías: Comunicados Comité CidadánEtiquetas: denuncias contra Reganosa, Reganosa Parlamento Europeo
Podes comentar embaixo ou enlazar a este URL permanente desde o teu sitio.
Novembro 6, 2010 ás 2:33 pm
[...] Avanzan as denuncias contra Reganosa no Parlamento Europeo « Comité Cidadán de Emerxencia para a … cociudem.wordpress.com/2010/10/26/avanzan-as-denuncias-contr… por tximbalee hai 2 segundos [...]