LÚNS, 28 concentración, gaseiro nº 87
Prevista a entrada na Ría de Ferrol, do gaseiro cargado con GNL, nº 87 , “Catalunya Spirit”, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca
CONCENTRACIÓN
Lúns, 28 de marzo 2011, ás 19 hs
diante do Edificio da Xunta de Galicia
(Praza Amada García – Ferrol)
O Comité demanda unha vez mais a paralización e desmantelamento da Planta de Reganosa e hoxe en día, a realidade, vai colmando de lexitimidade esta exixencia:
Nunha coxuntura económica como a actual é un tremendo despropósito manter, a costa dos impostos de toda a cidadanía, unha Planta antieconómica e innecesaria só para lucro dos seus promotores.
Ante a triste situación que contemplamos estes días no Xapón, faise imprescindible valorar a extrema perigosidade desta Planta dentro da nosa Ría. De suceder calquera tipo de catástrofe natural, accidente no seu funcionamento ou agresión terrorista, pola súa improcedente e interesada ubicación, sería a ruina da comarca e das vidas dos seus habitantes.
Características do buque: Nome.- Catalunya Spirit, Bandeira.- España, Eslora.- 284 m, Manga.-42.50 m, calado.- 10.20 m, Puntal.- 25.40 m, Capacidade.-138.000 m
¡PLANTA DE GAS FORA DA RIA!
Explorar artigos nas mesmas categorías: Convocatorias Comité Cidadán