Celebrando o Día Mundial do Medio Ambiente
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, celebrou hoxe 4 de xuño o Día Mundial do Medio Ambiente con diversos actos, en defensa da Ría e contra a maior agresión ambiental dos últimos anos: a ubicación da perigosa e innecesaria Planta de Gas de Reganosa.
Exposición no peirao de Coruxeiras de dez murais realizados hai dous anos polos artistas ferroláns: Carmen Martín, Eduardo Hermida, Gustavo Sequeiro, Ladislao da Regueira, Leandro Lamas, Manuel Anxo Varela, Maria Manuela, Rafael Nadales, Suso Basterrechea e Víctor Novás, todos eles coa temática da Planta de Gas.
Marcha reivindicativa que partiu do Porto ás 12 horas percorrendo o centro de Ferrol, cunha parada na praza de Armas en solidariedade cos acampados do movemento 15 M quen tamén participaron na marcha, e que pasando pola estrada de Castela e o barrio de Ultramar terminou en Caranza ao rededor das 2 da tarde.
Alí, no Parque Carmelo Teixeiro, tivo lugar un recital poético musical, no que tomaron parte Rosa Méndez, Karlotti, A Revolta e Manolo Bacalhau.
.
Explorar artigos nas mesmas categorías: Comunicados Comité CidadánEtiquetas: acampados Ferrol, Reganosa, toma la calle Ferrol
Podes comentar embaixo ou enlazar a este URL permanente desde o teu sitio.