Pleno en Mugardos a favor da Planta de Gas
O próximo martes, 2 de agosto, ás 10,30 hs, o Concello de Mugardos levará a Pleno a proposta de Modificación do Plan de Urbanismo (PGOM), coa pretensión de regularizar as ilegalidades da ubicación da Planta de Gas de Reganosa en Punta Promontoiro.
Con este feito, confírmase o tantas veces mantido polo Comité Cidadán de Emerxencia, e polos Tribunais de Xustiza.
Por moitos “parches” que lle poñan, será sempre unha Planta ilegal, extremadamente perigosa, innecesaria e antieconómica, creada só para beneficio dos seus promotores, a conta do diñeiro de toda a cidadanía, coa connivencia das Administracións.
No Pleno, estarán presentes a A VV “O Cruceiro” de Mehá e unha representación do CCE.
Explorar artigos nas mesmas categorías: Comunicados Comité CidadánEtiquetas: Mugardos, Reganosa, Urbanismo Mugardos
Podes comentar embaixo ou enlazar a este URL permanente desde o teu sitio.
Agosto 1, 2011 ás 5:36 pm
mira ti. Agora se di o concello que é legal a pranta e a legaliza pode acontecer que se unha instancia superior a declara ilegal pasaría a ser o concello de mugardos o que tería que pagar as indemnizacións. Pois non parece unha medida que beneficie ao pobo de mugardos