A Concentración de hoxe no Peirao
Hoxe, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, tivo lugar unha concentración no Peirao de Ferrol, para rexeitar a entrada do gaseiro nº 97 que, cargado de GNL, chega a Reganosa.
Unha vez máis o CCE denuncia a temeraria actuación das Autoridades que permiten un tráfico en extremo perigoso que amenaza as nosas vidas e a nosa Ría, para beneficiar aos promotores dunha pranta perigosa, innecesaria e antieconómica, sostida – nestos tempos de crise – cos cartos públicos, co patrimonio de todas e de todos .
Explorar artigos nas mesmas categorías: Convocatorias Comité Cidadán