O xuizo de hoxe aos mariscadores
Nota de Prensa: O xuizo de hoxe aos mariscadores
Hoxe, data prevista para o inicio do xuizo a nove mariscadores, imputados de desobediencia a autoridade, polos sucesos de maio de 2007, membros do Comité Cidadán de Emerxencia e cidadás e cidadáns acudiron aos Xulgados de Ferrol, en solidaridade cos traballadores do mar.
O xuízo quedou posposto para o mes de xaneiro ao non comparecer un dos imputados , por impedimento de saúde.
Desde o CCE, entidade que agrupa a varias decenas de asociacións cidadás, insístese en que se está a culpabilizar a integrantes dun colectivo – amenazado polo deterioro do medio en que se desenvolve o seu traballo – de unhas accións convocadas polo CCE, en defensa da Ría e da vida dos seus habitantes, nas que participaron varios centos de persoas, cuxa autoinculpación foi desestimada.
Asemade os promotores da Planta de Gas de Reganosa, perigosa e innecesaria – fonte do conflicto -,reubicada no interior da Ría en beneficio dos seus intereses económicos, incumplindo a legalidade segundo manifestou o TSXG, gozan de total impunidade e pretenden duplicar a capacidade da mesma, sin que a súa producción alcance siquera o 40% da actual, co único fin de seguir inlflando a burbulla enerxética e aumentar os seus beneficios a costa da cidadania que fai frente de xeito periódico ao incremento das tarifas do gas e da electricidade.
Ferrol, 14 novembro 2011
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrrol
Explorar artigos nas mesmas categorías: Comunicados Comité Cidadán