Solicitude de aplazamento do xuizo aos 8 mariscadores
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol apoia aos mariscadores encausados polos sucesos de maio de 2007, na súa petición de aplazamento do xuizo, motivado pola incorporación do letrado Nemesio Barxa, o que lles permitirá organizar unha mellor defensa.
Este Comité amosa unha vez máis a súa solidaridade con todos os traballadores e traballadoras do mar, especialmente cos oito imputados neste proceso e con outro mais, que por motivos similares está pendente de sentenza, toda vez que os feitos de que son imputados respondían a un chamamento feito por este Comité, en defensa de Ría, dos postos de traballo e da vida da cidadanía desta comarca, nos que participaron centos de persoas.
Moitos membros do Comité presentaron a súa autoinculpación no proceso, sendo rexeitada pola fiscalía que inculpa a un número reducidísimo de persoas polos actos protagonizados por máis de duascentas.
Información en DIARIO DE FERROL