Excelente traballo fotográfico de en-Haut!
foto Diario de Ferrol
O Comité Cidadán de Emerxencia e a Asociación Cultural Fuco Buxán, agradecen a en Haut!, excelentes profesionais e artistas, o seu importante traballo fotográfico sobre a nosa comarca
Estas magníficas fotografías que nos regalan, tecnicamente perfectas e cargadas de arte, son unha homenaxe á nosa contorna natural, unha chamada á súa conservación e unha denuncia das agresións e do perigo que a nosa ría e os seus habitantes estamos a sufrir.
Serán un valioso testemuño que o Comité poderá usar nas súas actividades de sensibilización e defensa do noso patrimonio natural e da calidade de vida dos que habitamos a Ría de Ferrol.
Marión e Simón, moitas grazas polo voso traballo e a vosa compañía, foi un pracer tervos estes días entre nós.
Reportaxe de Carolina Pernas en Diario de Ferrol: la conciencia tiene vista de pájaro
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán