Posted tagged ‘accidente gas’

Explosión de gas en México

Maio 7, 2013

 

1367940047_620612_1367940256_album_normal

Fai poucas horas, en Ecatepec (México) un camión cisterna que transportaba gas licuado, por unha autopista estatal, colisionou e produxo unha gran explosión, orixinando a morte, polo momento, de 23 persoas e feridas a cerca de 40.

Nun radio de 500 metros causou a destrución de decenas de vivendas e afectou a un centro educativo.

Ante estes casos, por forza temos que pensar nas tráxicas consecuencias que suporían para a nosa comarca de producirse un accidente grave na Planta de Gas de Reganosa – cun volume de almacenamento de 150.000 Tm, – o que equivale a varios milleiros de camións cisterna.

Desde o CCE, pola seguridade de todos e todas, exiximos, unha vez máis, das Administracións a paralización da actividade de Reganosa, en execución da Sentenza do Tribunal Supremo que ratificou a ilegalidade do seu emplazamento.

Mortal accidente de gas en Arabia.

Novembro 2, 2012

O pasado xoves, en Riad (Arabia Saudita) un camión-cisterna que transportaba gas chocou contra o pilar dunha ponte, producíndose unha forte explosión e un incendio que afectou a un autobús e unha ducia de automóbiles. O balance de vítimas alcanza a 22 mortos e máis dun centenar de feridos e os danos materiais son cuantiosos: un edificio de varias plantas derrubado e varios máis seriamente danados.

Os camións cisterna cargados de gas son bombas ambulantes, das que tamén en España temos – entre outros – o lamentable recordo dos Alfaques, con 250 vítimas.

Ante estes sucesos é inevitable lembrar que da Planta de Gas de Reganosa, en Mugardos, sae un tráfico frecuente de camións cisterna, que atravesa unha comarca densamente poboada. Unha ameaza máis, como o tráfico dos gaseiros na Ría, por mor da localización ilegal da Planta, perigo permanente para toda a cidadanía da comarca. Máis información

Accidente de Gas en San Francisco

Setembro 12, 2010

A comarca de Ferrolterra segue sometida a unha situación de perigo permanente pola ubicación na nosa Ría dunha planta de gas innecesaria, deficitaria e perigosa, mantida coa connivencia dos poderes públicos só para beneficio dos seus promotores

 

Un feroz incendio causado por unha explosión nunha condución de gas causou polo menos catro mortos e destruíu medio centenar de vivendas nun suburbio de San Francisco, en Estados Unidos.

A tubaxe pertence á empresa de servizo público Pacific Gas & Electric. As accións do seu matriz PG&E caeron máis dun oito por cento o venres.

Unhas 52 persoas resultaron feridas, segundo as autoridades. Centos de bombeiros permanecían no lugar do accidente.

O estalido deixou un gran cráter e os residentes locais dixeron que foi tan forte que pensaron que se trataba dun terremoto ou do choque dun avión. A explosión ouviuse a varios quilómetros de distancia e provocou unha enorme columna de lume de máis de 300 metros de altura

De momento seguen sen coñecerse as causas da explosión aínda que algúns veciños denunciaron que facía semanas que notaban un forte cheiro a gas e que o comunicaron á compañía,

VIDEO 1                      VIDEO 2

.

Explosión dun gasoduto en Moscú

Maio 12, 2009

Portada4

Unha explosión nun gasoduto causa chamas de ata cen metros de altura

O lume tamén destruíu automóbiles e edificios adxacentes
Unha explosión nun gasoduto no suroeste de Moscova causou chamas de ata 100 metros de altura e incendios en automóbiles e edificios adxacentes, segundo informou a portavoz dos servizos de urxencia da capital rusa, Yevgeni Bobylyov. Polo menos catro persoas resultaron feridas.
As chamas son visibles a varios quilómetros de distancia, segundo informaron as axencias de noticias rusas, indicando que se propagaron a dous edificios da rúa de Bolshaya Ochakovskaya, onde se producíu a explosión. Bobylyov asegurou que as causas do incendio estaban sendo investigadas.

As vivendas máis próximas ao lugar onde se produciu a explosión atópanse a 500 metros de distancia. O incidente produciuse logo dos festexos anuais do Día da Vitoria nas rúas de Moscova.

http://www.lavanguardia.es/sucesos/noticias/20090510/53700024797/una-explosion-en-un-gasoducto-causa-llamas-de-hasta-cien-metros-de-altura-moscu-victoria.html

Envía www.f-cape.org Colectivo universitario opositor a Planta de gas (GNL) da ría de Ferrol (Galicia)

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RIA !

Accidente de Gas Natural Liquado en Berlín

Abril 17, 2009

npberlin4

Dous trens colisionaron esta madrugada en Berlín, segundo distintos medios de comunicación, causando 25 feridos, algúns de gravidade.
O suceso producíuse cando un tren rexional procedente de Stralsund (norte de Alemania) alcanzou por detrás a un convoy de mercancías que transportaba gas líquido e que transitaba a pouca velocidade.
Polo momento, ao parecer, non se produciu ningunha fuga de gas.

Este CCE considera que calquera accidente no tranporte do GNL (ferrocarril, estrada ou marítimo) é un gravísimo risco, dado que se o sinistro afecta aos sistemas de enfriamiento do gas licuado, este pasaría, nun tempo moi breve, ao estado gaseoso, o que multiplicaría moitas veces o seu volume, causando a inevitable explosión e incendio. Sementaría a destrución e a morte nun radio proporcional ao volume da carga.
Para a Planta de Gas situada no interior da nosa Ría, o radio calculado –  e tantas veces difundido – é de DOUS QUILÓMETROS.

  

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

002reganosa_ferrol


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.