Posted tagged ‘adega’
Ponte no medio. Móvete polo territorio
Xuño 28, 2011«PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO» POR UNHA ORDENACIÓN SUSTENTABLE
Abril 16, 2011No mundo globalizado de hoxe, obxecto dunha grave crise ecolóxica e económica, o territorio galego non pode seguir sendo unha simple mercadoría nas mans de especuladores. Eles desposúennos do medio en que vivimos e hipotecan o noso futuro e o das vindeiras xeracións. A alimentación, os recursos naturais, a calidade da auga e do aire, a salubridade do medio e a biodiversidade son requisitos imprescindibles para a vida humana que dependen directamente da nosa xestión da natureza e da súa conservación.
Dende a singular forma de ocupación tradicional do territorio galego fomos construíndo a peculiaridade social, histórica e cultural que nos identifica como pobo. Así, o espazo humanizado e o patrimonio natural que recibimos en custodia e que nos identifica deberan ser hoxe valorados como o noso principal recurso fronte á crise. É agora cando temos que sentar as bases dunha recuperación económica sostible para asegurar a vida sobre o planeta e salvar o noso lugar de vida e a nosa identidade territorial da salvaxe depredación do actual modelo económico.
Alegacións de ADEGA ao dragado da Ría
Xullo 24, 2010ADEGA PRESENTA ALEGACIÓNS AO PROXECTO DE DRAGADO DA Ría de Ferrol
A asociación ecoloxista Adega vén de presentar alegacións ó proxecto de dragado e voadura de fondos mariños na ría de Ferrol, que a Autoridade Portuaria local sacou a exposición pública o mes pasado. A entidade subliña o alto impacto ambiental sobre a biodiversidade da zona e critica que o obxectivo último do proxecto sexa “facilitar a entrada de gaseiros á pranta de Mugardos”.
Os ecoloxistas lembran que a zona de actuación está dentro dun área catalogada como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Costa Ártabra, pertencente á rede Natura. Trátase dun espazo, subliñan, no que existen “hábitats prioritarios dun grande valor ecolóxico cunha alta biodiversidade”. Como exemplo, sinalan que dúas das agullas de rocha que a Autoridade Portuaria quere facer de–saparecer teñen 65 e 83 especies mariñas diferentes cada unha delas.
Ler a información completa en Diario de Ferrol

