O Comité Cidadán de Emerxencia convoca a toda a cidadanía a asistir ao próximo
Pleno Municipal do Concello de Ferrol
Xoves 26 de Xullo ás 9,00 da mañá
para arroupar a intervención no mesmo da compañeira Lupe Ces quen intervirá en nome do Comité durante a presentación da Moción de Esquerda Unida en relación á Planta de Gas de Reganosa.
O grupo municipal de Esquerda Unida vai levar a situación de Reganosa ao próximo pleno municipal a través dunha moción, na que se reclama unha comisión de investigación para depurar as posibles responsabilidades pola posta en marcha da planta e ínstase a executar o seu peche. A formación dá este paso despois de que o Tribunal Supremo ditase sentencia declarando a nulidade da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos que se realizou no seu día para instalar a regasificadora.
Tamén a Agrupación Socialista de Ferrol, emitiu un comunicado solicitando a paralización cautelar da Planta de Gas e a apertura no Parlamento Galego dunha comisión de Investigación sobre a súa instalación, denunciando a nova Lei de Costas, e instando á aprobación dunha Lei de Protección da Ría de Ferrol.