Ecologistas en Acción en REGANOSA
Publicado Xullo 21, 2022 por Comité CidadánCategorías: Sen clasificar
Axudas Económicas ao Comité Cidadán de Emerxencia
Publicado Xullo 21, 2022 por Comité CidadánCategorías: Sen clasificar
Tags: Axudas económicas, ferrol, Mugardos, Planta de Gas, ría de ferrol, Reganosa
O CCE continúa recibindo axudas económicas para afrontar os gastos de demandas e denuncias da ilegalidade e perigosidade da Planta de Gas no interior da nosa Ría. Resumo do ingresado:
8 aportacións de 50 € = 400; 6 aportacións de 100 € = 600 ; 1 aportación de 200 = 200; 1 aportación de 185 € = 185;
TOTAL = 1.385 €. Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros
ES 71 00493315772894017995

Alegacións ao Plan de Emerxencia de REGANOSA
Publicado Xullo 21, 2022 por Comité CidadánCategorías: Sen clasificar
Tags: Mugardos, Plan de Emerxencia, Planta de Gas, Reganosa
A Ecomarcha Ciclista 2022 chegou a REGANOSA
Publicado Xullo 21, 2022 por Comité CidadánCategorías: Sen clasificar
Tags: Ecologistas en Acción, Ecomarcha, Mugardos, Planta de Gas, Reganosa, Sempre Máis
Álbum Fotográfico (fotos de Lupe Ces e Fer OM)
https://drive.google.com/drive/folders/1f4m1d-RZuPEv2OPOiYZizQoMV_gx_Gjg?usp=sharing
Hoxe mércores 20 de xullo, una representación do Comité Cidadán de Emerxencia acudíu a Mugardos, para diante da Planta de Gas de Reganosa recibir á Marcha Ciclista de Ecologistas en Acción que co lema “Sempre Mais” recorre Galicia reivindicando causas sociais e ambientais.
Un representante da Ecomarcha 2022, Fixo a presentación do Informe “GNL: Ao caos climático pola vía líquida”, intervindo tamén, en Nome do CCE, para salientar as irregularidades o perigo e o fraude de REGANOSA, o Coordinador Manuel Rodríguez Carballeira, o membro do mesmo Carlos Álvarez e a abogada Patricia Gabearas.
A Continuación tivo lugar un xantar de confraternización no Campo dos Carneiros.
GNL: AO CAOS CLIMÁTICO POLA VÍA LÍQUIDA
10 razóns polas que o gas fósil licuado non é unha opción
https://drive.google.com/file/d/1NqjdRMSxOz_7ksFilSvl_3uekIka_QSP/view?usp=sharing

A Ecomarcha ciclista 2022 de Ecologistas en Acción, chegará a Mugardos
Publicado Xullo 18, 2022 por Comité CidadánCategorías: Sen clasificar
Tags: marcha ciclista, Mugardos, Planta de Gas, Reganosa, Sempre Máis
Mércores 20 de xullo, ás 13 h. Cruce da Pedreira Mugardos.
A Ecomarcha ciclista 2022 de Ecologistas en Acción, co lema “Sempre Máis”, chegará a Mugardos e será recibida no Cruce da Pedreira polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e cantas persoas queiran sumarse, para marchar cara á Planta de Gas de Reganosa, onde presentarán o INFORME GNL (Gas Natural Licuado). Logo, no Campo dos Carneiros, celebrarase un xantar de confraternización coas viandas que leve cada quén.
Esta marcha ciclista que comenzou o día 9 en Pontevedra rematará o día 24 en Lugo tras recorrer Santiago, A Costa da Morte (neste próximo 20º aniversario do Prestige), A Coruña, e outras comarcas de Galicia, como a nosa, reivindicando causas sociais e ambientais, como ven facendo desde 2010.
Animádevos a participar.
