O Conselleiro de Industria hoxe en Ferrol


Este Xoves 11 de maio, o Conselleiro participará nunha conferencia no salón de actos da Fundación Caixa Galicia, según Radio Voz do mércores, aínda que este día non saíu en ningún medio.
O tema parece que será sobre o sector naval, e estará acompañado por Ángel García Presidente de CEFEOR, e tamén por un Almirante.
Tamén Radio Voz dixo que estaría alguén da Universidade e mencionou a Manuel Amorim, do cal sabemos que está de Viaxe en Cádiz e polo tanto non estará en Ferrol.
No Comité Cidadán acordamos ir a dita conferencia e ver de participar axeitadamente no coloquio.
Desta vez non lle vamos a poñer unha pancarta fóra porque estamos agardando resposta do Director Xeral de Industria Anxo Calvo, con quen nos entrevistamos o pasado 22 de marzo, despois de que o 22 de Febreiro o Conselleiro de Industria Fernando Blanco nos dixo que falásemos co Director Xeral de Industria, logo do que lle plantexamos no salón de actos do Vicerreitorado de Ferrol.
Ao Conselleiro de Industria xa lle puxemos dúas veces pancarta, unha foi o 24 de outubro cando veu a estar presente na firma do crédito a Reganosa (!), e outra vez o 22 de febreiro cando veu a unha conferencia o salón de actos do Vicerreitorado.
No coloquio de hoxe considérase convinte intervir, pero de xeito cualitativo, entre outras cuestións explicando porqué a Xunta de Galicia debe retirarse do recurso de casación que en xullo de 2004 ten presentado ao Tribunal Supremo contra da Sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 23/6/2004 a favor do Concello de Ferrol e en contra Reganosa, e consecuentemente declare nula a avaliación ambiental de 11 de xuño de 2001 na que se fundamenta a autorización de construcción a Reganosa.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Noticias / Novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: