CONTENCIOSOS NOS TRIBUNAIS

1. No TSXG, nº 01/000342/2002, contra a falsa Declaración de Efectos Ambientais de 11 de xuño de 2001, realizada pola “Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental”, da Consellaría de Medioambiente. Presentado polo Concello de Ferrol no 2002, ten sentenza de 23-6-2004, favorable ao mesmo Concello, recorrida ao Supremo por REGANOSA e a Xunta de Galicia socio de REGANOSA co 10%, “xuíz e parte” en dita falsa avaliación ambiental anulada.

2. No TSXG, nº 01/0000672/ 2002, contra a falsa Declaración de Efectos Ambientais de 11 de xuño de 2001, da “Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental”, da Consellería de Medioambiente da Xunta de Galicia. Iniciado pola Plataforma de Veciños “O Cruceiro de Mehá “(Mugardos), á espera de que pase a este contencioso o expediente do anterior nº 342/2002, para ter igual sentenza.

3. No TSXG, nº 01/0001187/2002, contra a Concesión Marítimo Terrestre outorgada pola Autoridade Portuaria de Ferrol o 31 de xullo de 2002. Presentado pola Plataforma de Veciños de Mehá, AVV de Perlío (Fene) e a Federación Roi Xordo de AAVV de Ferrol. Superou a fase de probas. O 13 de xullo de 2004 presentouse solicitude de paralización cautelar da concesión marítimo terrestre e das obras de Reganosa, xunto coas conclusións finais deste contencioso, aínda sen resposta.

4.- No TSXG contra a concesión marítimo terrestre de 31-7-02 a REGANOSA, presentado por un propietario de bens adxacentes a Forestal do Atlántico S.A. (Complexo Petroquímico do Grupo Tojeiro, cuxa concesión marítimo terrestre por 40 anos caduca en xullo de 2017, promotor de REGANOSA no seu mesmo espazo de Punta Promontoiro.

5. No TSJM, nº contra a Autorización Administrativa previa publicada aprobada o 3-6-2002 pola Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, publicada no BOE de 24-7-2002, presentado polo Concello de Ferrol no 2002. O Pleno municipal de 12-11-04 acordou solicitar a paralización cautelar, desestimada polo Tribunal en setembro de 2005, continuando en trámite o contencioso.

6. No TSJM, nº 35/2004, contra a Autorización Administrativa Previa publicada en BOE de 24-7-2002. Presentado pola Plataforma Veciños de Mehá, A.VV Perlío (Fene) e Federación AAVV Roi Xordo de Ferrol. A raíz da sentenza 536/2004 do TSXG, o 20-7-04 solicitouse a paralización cautelar das obras.

7. No TSXG, nº 4337/2003, contra a modificación de 31 de xaneiro de 2003, do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos, presentado pola Plataforma de Veciños de Mehá, A.VV de Perlío (Fene) e Federación Roi Xordo de AAVV de Ferrol.

8.- No TSXG, contra a mesma modificación urbanística de 31 de xaneiro de 2003, do PXOM de Mugardos, presentado por un particular propietario de bens anexos a Forestal do Atlántico S.A. Acumulado ó anterior.

9.- Contencioso no TSXG contra a Licenza Municipal de 30 de marzo de 2004, presentado o 1 de xuño de 2004, pola Plataforma de Veciños de Mehá, A.VV de Perlío (Fene) e Federación AAVV Roi Xordo de Ferrol, contencioso trasladado ao xulgado de Ferrol.

10.- Na sala 6ª do TSJM, nº 966/2004 contra a autorización de construcción de 13-2-2004, presentado polas mesmas asociacións, o 20 de setembro de 2004, incluída no mesmo a solicitude de paralización cautelar. Antes de adoptar unha resolución sobre a paralización cautelar, o 9 de maio de 2006 o TSJM acordou un exhorto ó TSXG mo que lle require información de se é firme a súa sentenza 536/2004, así mesmo á Administración e a Reganosa sobre que medidas adoptaron posteriormente.

11.- Contencioso no TSXG, de 1-11-2004, contra a Licenza Municipal de traslado do xacemento romano de Caldoval aprobada o 19 de agosto de 2004 pola Comisión de Goberno do Concello de Mugardos. O 17 de xaneiro de 2005, presentouse a demanda deste contencioso, aportando un informe pericial con argumentos contrarios ao traslado e solicitando a paralización cautelar do traslado do xacemento romano de Caldoval.

OUTROS CINCO POSIBLES CONTENCIOSOS PENDENTES.
Que se presentarán no caso de recibir resposta negativa aos respectivos recursos de alzada, o se transcorren tres meses sen resposta ao contencioso, nos seis meses seguintes.
a) Novos contenciosos posibles en relación co gasoducto de Reganosa:
a) Contra a Declaración de Impacto ambiental parcial do Gasoducto, aprobada o 14 de outubro de 2005, pola Secretaria Xeral de Medioambiente deste Ministerio. O recurso de alzada presentouse o 15 de decembro de 2005, aínda sen resposta.
b) Contra a autorización administrativa, de execución e declaración de utilidade pública aprobada o 30 de novembro de 2005 pola Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, publicada no BOE nº 304 de 21 de decembro de 2005. O recurso de alzada é do 21 de xaneiro de 2006.
c) Están presentadas alegacións o 6 de outubro de 2005 á Dirección Xeral de Industria sobre a Declaración de Incidencia Supramunicipal do Gasoducto pola que desde a Xunta de Galicia pode exercer as competencias de modificación urbanística en relación co trazo do gasoducto para llas impoñer a todos os concellos por onde discorre dito trazado.
b) Novos contenciosos posibles en relación cos vertidos de Reganosa, segundo o seu proxecto de febreiro de 2005, que modifica os proxectos de xullo 2000 e xuño 2003, correspondentes ás autorizacións administrativas de 3-6-2002 e de construcción de 13-2-2004:
a) Contra a Consellería de Medioambiente pola Declaración de Impacto Ambiental parcial 29 de xullo de 2005, (coa Xunta en funcións). O 24 de abril de 2006 recibimos a negativa ao recurso de alzada, polo que no prazo de dous meses hai que presentarlle un contencioso administrativo.
b) Contra a Autorización dos mencionados vertidos de 13 de decembro 2005, aprobada por Augas de Galicia, contra a cal o 6 de febreiro 2006 presentáronse recurso de alzada.

UNIÓN EUROPEA
En Bruxelas sigue aberto o expediente contra o Estado español, “sen prexuízo da decisión que adopte a Comisión Europea”, segundo o comunicou, o 23 de xuño de 2004, o Xefe dos Servizos Técnicos da Comisión Europea. Dado o retraso do expediente, está pendente enviar un dossier ao Defensor do Pobo Europeo. Ao Banco Europeo de Inversións varias entidades e persoas enviáronlle información sobre quen son as entidades financeiras e empresariais, ademais da Xunta de Galicia que participan no proxecto de Reganosa a fin de que revisen se utilizan financiación de fondos europeos que teñen vetado utilizar por vulnera-las Directivas Europeas de medioambiente e prevención de riscos de accidentes graves.

ADMINISTRACIÓN CENTRAL
A resposta do Goberno no Congreso 3 de novembro de 2004 ao Grupo de IU – IC, é ca sentenza 536/2004 do TSXG non é firme e que está á espera ao que decida o Tribunal Supremo. Posteriormente, o 24-11-2004 enviáronse sendos escritos ó Presidente do Goberno Central, ao Ministro de Industria e á Ministra de Medioambiente, nos que se lles detallan suficientes probas según as cales son falsos ou falaces os informes que os seis organismos consultados emitiron en novembro de 2001 e xaneiro de 2004, en relación co proxecto de Reganosa. As competencias substantivas de autorización a Reganosa recaen na Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, que no 2001 dependía do Ministerio de Economía e dende abril de 2004 do Ministerio de Industria.

ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA: En outubro de 2005, realizáronse xestións co actual Director Xeral de Patrimonio, con favorable acollida, para pór en valor “in situ” os xacementos romanos de Caldoval, Santa Lucía e o Castro de Mehá, a fin esa zona arqueolóxica aberta ó público. Iso permitiría xerar en Mugardos unha riqueza turística de valor maior ao que lle pode aportar a Planta de Gas de Reganosa. Actualmente, a maior parte dos restos do xacemento romano de Caldoval foron extraídos e almacenados baixo unha carpa de lona, ao oeste de Punta Promontorio, nun expediente aprobado no 2002 pola entonces Dirección Xeral de Patrimonio por unha solicitude de Reganosa en base a unha segunda fase que proxecta de outros dous tanques máis a construír no espazo onde asenta o xacemento romano. Según as últimas noticias, que coñecen na actual Dirección Xeral de Patrimonio, a segunda fase no lle será autorizada a Reganosa e a ampliación publicada a bombo e platillo por certos medios galegos é unha maior cantidade de regasificación proxectada cos mesmos dous tanques que Reganosa constrúe.
En setembro de 2005 se lle enviou ao Conselleiro de Medioambiente 5.469 sinaturas nun escrito para que a Xunta de Galicia acate a sentenza 536/2004 do TSXG, anule a falsa avaliación ambiental de 11-6-2001 e o comunique ao Ministerio de Industria, co que este tería que paraliza-las obras de Reganosa. Sen resposta.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Recursos do Comité

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: