19 de xuño: segunda entrevista con Anxo Calvo Silvosa, Director Xeral de Industria

Na primeira entrevista o 22 de marzo pasado, no Parador de Turismo de Ferrol durante dúas horas, Anxo Calvo tomou notas e quedamos á espera da súa resposta. A Delegación do Comité Cidadán entregoulle un dossier con probas documentales dos condicionados existentes nas autorizacións a Reganosa pola Dirección Xeral de Política Energética e Minas, dependente do Ministerio de Industria, explicándolle que ditos condicionados son de imposible solución antes da entrada en funcionamento anunciada por Reganosa. Así mesmo que o Goberno Central nas súas respostas bótalle a culpa ao goberno anterior da Xunta de Galicia (Direccións Xerais de Industria e de Urbanismo) e á Autoridade Portuaria de Ferrol en determinados condicionados imposibles de resolver coa ubicación caprichosa elixida polos promotores de Reganosa.

Un dos condicionados é a distancia mínima de 2 km. para as industrias perigosas ata o núcleo de poboación máis próximo, que requiere o Reglamento de Actividades Perigosas, non sendo posibles nin creíbles as medidas correctoras aludidas nos informes da Dirección Xeral de Industria de novembro de 2001 e xaneiro de 2004 asinados por Ramón Ordás Badía, anterior Director Xeral de Industria. En base aos seus informes a Xunta de Galicia saltou á torera as súas competencias no artigo 12 da Directiva Seveso II, nos requisitos de distancias suficientes ás poboacións que no caso dunha planta de Gas poden ser maiores de dous quilómetros. Un tercer condicionado é a norma europea EN-1532 segundo a que os gaseros no caso de emerxencia durante descárga deben poder saír rápidamente a mar aberto polos seus propios medios, o que tamén é imposible coa coa ubicación caprichosa dentro de Ría de Ferrol.

Díxoselle que cualificar de estratéxica a Reganosa é eludir o problema, e que é unha falacia o que a Xunta de Galicia diga que únicamente poida contar con Reganosa-Endesa para unha plataforma energética gasista galega, cando sopran ventos para un mercado energético comunitario e o 3 de febreiro a Vicepresidenta do Goberno e o Ministro de Economía anunciaron a próxima entrada no mercado español de dous novos operadores de gas natural segundo o publicado.

Así mesmo se lle expuxo que se Reganosa entra en funcionamento serían falsos os plans de urxencia exterior, que únicamente serían unha tapadera para encubrir o risco dunha catástrofe que podería provocar miles de victimas e un custo infinito e incalculable respecto ao que pode custar o traslado da Planta de Gas ao Porto Exterior de Cabo Prioriño ou ao mar aberto do Golfo Ártabro.

Fíxoselle manifestación de que nos expedientes dos organismos competentes non existe ningunha garantía de que se poidan cumplimentar satisfactoriamente os condicionados que lle citamos. Deixóuselle ben claro que as autorizacións a Reganosa quedarán anuladas no caso de que o Tribunal Supremo ratifique a sentenza 536/2004 do TSXG nun dos once contenciosos a trámite, ademais de que tamén esta pendente unha decisión da Comisión Europea.

Tamén se lle sinalou que o Comité Cidadán quere alertar aos actuais responsables na Xunta de Galicia, a fin de que, en relación con Reganosa revisen todos os compromisos e condicionados inviables que herdaron. É un bo momento para falar diso e a actual Xunta de Galicia está a tempo de promover unha Planta de Gas afastada da poboación e con operadores gasistas que respecten o desenvolvemento sostenible, en lugar da perigosa inercia de sacrificar a Ría de Ferrol coa maior ameaza para a vida humana e iniciativas obsoletas no século XXI.

Estas entrevistas realízanse en base a oferta realizada o 22 de febreiro polo Conselleiro de Industria D. Fernando Branco Álvarez, no salón de actos do Vicerrectorado de Ferrol, e espérase tamén que o Comité Cidadán poida examinar os expedientes existentes na Xunta de Galicia.

En español

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: