Entrevista co sr. Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas (19 de xuño)

 O próximo luns 19 de xuño,  na sede da Consellería de Industria en Santiago, está previsto teña lugar unha segunda entrevista dunha Delegacion do Comité Cidadán de Emerxencia con Anxo Calvo Silvosa, actual Director Xeral de Industria . A primeira entrevista dunhas dúas horas tivo lugar o 22 de marzo pasado no Parador de Turismo de Ferrol, segun reflíctese no seguinte escrito de 30 de marzo que se lle enviou.

SR. D. Anxo Calvo Silvosa
Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas.
Edificios Administrativos – San Caetano, s/n
15704 Santiago de Compostela

Carmelo Teijeiro Menéndez, con enderezo a efectos de notificacións en Apartado de Correos 240 Ferrol 15401, na sua condición de Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, no que participan un gran número de entidades asociativas, según o anexo 1 a este escrito, como mellor proceda lle comunica que unha vez analizado o que falamos con Vd. o pasado 22 de marzo en Ferrol, consideramos convinte enviarlle alguna documentación adicional e por escrito decirlle:


En primeiro lugar lle felicitamos e agradecemos a entrevista que con Vd. tivemos unha representación de entidades que estamos a realizar actuacións contra a ubicación dunha Planta de Gas dentro da Ría de Ferrol e a fin de que se instale no espazo de Cabo Prioriño, para o que en 1992 existía un amplo consenso social e político. Dito consenso fixo posible que se chegase á construcción dun Porto Exterior, cuxa viabilidade dependía precisamente dos tráficos dunha Planta de Gas máis os de carbón de importación para a central térmica de Endesa en As Pontes.

Pola nosa parte en relación con Reganosa lle expusemos con detalle algúns dos condicionados existentes, nas autorizacións de construcción de 13-2-2004 e a administrativa previa de 3-6-2002, que son de imposible solución antes da entrada en funcionamento anunciada. Tamén lle sinalamos que eses condicionados non son todos da súa competencia.

Aínda que a Dirección de Política Enerxética e Minas é o órgano substantivo competente para ditas autorizacións, se baseóu en informes de seis organismos que consultou, entre eles os das Direccións Xerais de Industria e de Urbanismo da anterior Xunta de Galicia. O entonces Director Xeral de Industria, Ramón Ordás Badía, firmou un escrito de 5 de Janeiro de 2004, para acompañar outro da mesma data e de nove paxinas, éste firmado polo entón Subdirector Xeral de Administración Industrial Antonio de las Heras Roldan, quen nas suas conclusións informou favorablemente o proxecto de construcción de Reganosa, en relación coas distancias ós núcleos de poboación agrupada, facendo expresa mención o Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo, o Decreto 227/2000 e o Decreto 2414/1961 (RAMINP).(¿)

Tales conclusións dese informe de 5-1-04, ultimo parágrafo da paxina 9, foron transcritas literalmente pola Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia no seu posterior informe de 22 de xaneiro de 2004 de tres paxinas, firmado por Martín Fernández Prado. A transcripción no antepenúltimo parágrafo parece que e para evitar a responsabilidade que lle puidese corresponder, a Dirección Xeral de Urbanismo, no seguinte e penúltimo parágrafo, dúas ultimas liñas da paxina 2 e dez primeiras na paxina 3, donde estabelece un condicionado que dun xeito informal ven a decir que debe cumprimentarse a Directiva 96/82/CE e o Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo, e despois de citar estas normas textualmente di: “que tienen como objetivo esencial la obtención de un alto nivel de protección para las personas, los bienes y el medioambiente ante accidentes graves” y asímesmo di que “.. se considera necesario completar el estudio de seguridad de modo que se identifiquen y evalúen los riesgos para la población de los núcleos de población y las viviendas próximas y proporcionar información suficiente para modificar, si es necesario, la ordenación urbanística de los suelos que puedan estar afectados por los riesgos de accidente”, texto que ó noso entender tamén cuestiona a transcripción que anteriormente realizou.

Por ilo o Goberno Central na súa resposta no Congreso dos Deputados ó Grupo de IU, o Ministerio de Industria e a Presidencia do Goberno Central en respostas que nos enviaron, apuntan ó goberno anterior da Xunta de Galicia (Direccións Xerais de Industria e de Urbanismo) e á Autoridade Portuaria de Ferrol como responsabeis de determinados condicionados, que observamos son de imposible solución coa ubicación elixida polos promotores de Reganosa.
Entre eses condicionados están a distancia mínima de 2 km. que o artigo 4 do RAMINP require dende as industrias perigosas até o núcleo de poboación máis próximo, non sendo posibles nin cribles as medidas correctoras aludidas, nin suas conclusións, nos informes da Dirección Xeral de Industria de novembro de 2001 e xaneiro de 2004, e que se acompañan no dossier de documentación que lle entregamos. Así mesmo outro condicionado é o artigo 12 da Directiva 96/82/CE (R.D. 1254/99 de 16 de xullo) nos seus requisitos de distancias suficientes ás poboacións en función dos riscos, que no caso dunha planta de Gas poden ser maiores de dous quilómetros. Un terceiro condicionado do que lle falamos é a norma europea EN-1532 segundo a que os gaseiros no caso de emerxencia durante a descarga deben poder saír rapidamente a mar aberto polos seus propios medios, o que tamén é imposible coa ubicación elixida polos promotores de Reganosa en Punta Promontorio dentro da Ría de Ferrol.

Tamén lle sinalamos que consideramos falsa a dicotomía de que a Xunta de Galicia únicamente poda contar con Reganosa-Endesa ou con ENAGAS-Gas Natural, para a plataforma enerxética gasista galega, cando na cume europea de Xefes de Estado do día 25 deste mes de marzo se iniciaron conversas para un mercado enerxético comunitario proposto polo Presidente do Goberno español, con apoio moi expresivo aludindo a varios operadores de gas por parte do Xefe de Goberno británico. Así mesmo o pasado 3 de febreiro a Vicepresidenta do Goberno e o Ministro de Economía anunciaron a próxima entrada no mercado español de dous novos operadores de gas natural segundo o publicado por Cinco Días e El País o 4-2-2006, que como anexo 2 acompañamos a este escrito.

Na entrevista con Vd. dimos por comunicados os contidos do noso boletín informativo nº 12, no que se describe, graficamente e con textos, a ameaza para a vida humana na Ría de Ferrol que suporía a Planta de Gas que Reganosa está construindo, no caso de que entrase en funcionamento, e tamén os prexuízos económicos de perda de riqueza e emprego que se producirían. Non obstante o anterior, como anexo 3 lle envíamos un exemplar de dito boletín nº 12.

Lle facilitamos un dossier de documentación, en dous tomos I e II, que consideramos suficiente para examinar os requisitos ou condicionados suscitados polos seis organismos consultados e avaliar os que son de imposible solución satisfactoria antes da entrada en funcionamento de Reganosa. Así mesmo lle expuxemos que nesas condicións serían falsos ou ficticios os planes de emerxencia exterior, que únicamente servirían de tapadeira para encubrir os riscos dunha catástrofe que podería provocar un custe infinitamente superior e incalculable respecto ós custes finitos que pode supoñer o traslado ó Porto Exterior de Cabo Prioriño ou ó mar aberto do Golfo Ártabro, da Planta de Gas de Reganosa ou a de outro operador que acepte respectar as actuais esixencias de desenvolvemento sostible.

Segundo os informes e escritos que dispoñemos, fixémoslle manifestación de que nos expedientes dos organismos competentes non existe ningunha garantía de que se podan cumprimentar satisfactoriamente os condicionados que lle citamos. Como mostra, de que non e posible tal garantía, lle incluímos no tomo I do dossier un escrito de 23 de abril de 2004 da Dirección Xeral de Urbanismo, (dous meses despois da autorización de construcción de 13-2-2004), enviado ó Alcalde de Mugardos, en relación co artigo 12 do Real Decreto 1254/99 de prevención de accidentes graves por sustancias perigosas. Ese escrito admite a posibilidade de que os riscos do proxecto de Reganosa poden afectar ós espazos onde están os núcleos de poboación máis próximos, cunha aplicación absurda e irresponsable do condicionado que a mesma Dirección Xeral de Urbanismo habia suscitado no seu informe de 22 de xaneiro de 2004, actuando en sentido contrario do que require dito artigo 12 do real Decreto 1254/99.

É dicir, en lugar de requirir a Reganosa que busque unha ubicación suficientemente afastada da poboación e dos lugares de interese publico, como require dito artigo 12, a Dirección Xeral de Urbanismo informa favorablemente o proxecto de construcción de Reganosa e despois require do Alcalde de Mugardos solicite a Reganosa que lle informe dos riscos para os espazos de poboación próxima e que si é necesario os cambie de uso para que podan soportar os riscos dunha Planta de Gas, en definitiva propón expulsar á poboación, cunha aplicación contraria ó que require a Directiva 96/82/CE e o Real Decreto 1254/99. A resposta parece estar na nota de prensa de 10 de marzo que lle acompañamos no Tomo I, na que o Alcalde de Mugardos confirma que Reganosa está comprando as fincas ó seu redor para “crear unha zona de seguridade”(¿). Dase “a coincidencia” de que o día anterior, o nove de marzo pasado, fora publicado nos medios de comunicación, menos La Voz de Galicia, un manifesto de profesionais de emerxencias alertando do risco de catástrofe no caso de que Reganosa entrase en funcionamento, cuxa copia coas firmas deste colectivo tamén lle engadimos no dossier.

En relación cos tribunais, lle deixamos ben clarificada a nosa interpretación segundo a que as autorizacións a Reganosa quedarían anuladas si o Tribunal Supremo ratifica a sentencia 536/2004 do TSXG de 23 de xuño nun dos once contenciosos a trámite, recorrida pola Xunta e Reganosa en xullo de 2004, é dicir fai ano e medio. Así mesmo lle facilitamos copia da sentencia do Tribunal Supremo de 1 de abril de 2004 ratificando a aplicación da distancia mínima de 2 km. que esixe o RAMINP para unha depuradora en Aranda de Duero e que dita sentencia se pronuncia tamén rechazando as medidas correctoras que nese caso foron alegadas.

Respecto á norma EN-1532, o tomo II do dossier inclúe o escrito de 20 de setembro de 2001 da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas no que require á Autoridade Portuaria de Ferrol que “explicitamente informe“…”sobre el cumplimento de la Norma UNE-EN-1532 (salida a la mar de buques metaneros en caso de emergencia”. Dito tomo II tamén leva os escritos da Autoridade Portuaria de 15 de outubro de 2001 y de 26 de xaneiro de 2004 nos que elude responder ó que lle preguntaron sobre a norma EN-1532, e non da garantía para saída á mar polos buques metaneros en caso de emerxencia durante a descarga. Os escritos recibidos da administración central, que engadimos no Tomo I, limítanse a enumerar o condicionado dun dragado do canal de entrada dicindo que foi proposto pola Autoridade Portuaria, pero ésta no seu informe de 15-102001 di que non é necesario modificar o canal de entrada. O dragado foi proposto pola empresa Holandesa Marin en estudos encargados por Reganosa que constan no proxecto constructivo de xuño 2003, posteriormente asumido pola Autoridade Portuaria no seu informe de 26-1-04 e trasladado como condicionado a autorización de construcción de 13-2-04. Pero esa proposta de dragado, aparte dos riscos de corrementos de terras polo dinamitado dos fondos de rocha, é un engano porque seguiría sendo inviable a saída de emerxencia, segundo o informe dun Capitán da Mariña Mercante.

O noso propósito é alertar aos actuais responsabeis nos organismos competentes na Xunta de Galicia xurdida tras as últimas eleccións autonómicas, a fin de que, en relación con Reganosa e o sector enerxético revisen todos os compromisos e condicionados inviabeis que herdaron. É un bo momento para falar dilo e o actual goberno da Xunta de Galicia está a tempo no seu plantexamento de sector enerxético estratéxico, cunha Planta de Gas afastada da poboación e con operadores gasistas que respecten o desenvolvemento sostible, en lugar da perigosa inercia de sacrificar a Ría de Ferrol coa maior ameaza para a vida humana e iniciativas obsoletas no século XXI.

Finalmente queremos comunicarlle que o 22 de setembro pasado enviamos ao Conselleiro de Medio Ambiente un escrito, que aquí lle adxunto a Vd. como anexo 4, acompañando copia das 5.469 firmas que solicitan da Xunta de Galicia que acate a sentencia 536/2004 do TSXG. Posteriormente, dende setembro, e a dita Consellería de Medio Ambiente lle solicitamos unha entrevista sen que até a data de hoxe tiveramos resposta. Coa mesma data de 22 de setembro pasado e coa copia das 5.469 firmas, enviouse á Vicepresidenta do Goberno Teresa Fernández de la Vega o escrito do anexo 5, respondéndonos co seu escrito de 13 de outubro de 2005, (incluído no Tomo I do dossier) onde se nos di que ás cuestións plantexadas nos respondería o Ministerio de Industria, o que este organismo fixo co seu escrito de 22 de novembro de 2005 que tamén incluímos en dito dossier, ainda que non estamos de acordo con sus resposta, segundo se desprende do escrito de 24-11-2004 enviado o Presidente do Gobierno Central, Ministro de Industria e Ministra de Medioambiente, cuia copia vai incluida no Tomo I do dossier que lle dimos a Vd., no que os informes dos seis organismos consultados pola “Dirección General de Política Energetica y Minas” se analizan con evidencia suficiente dos seus meritos negativos, polo que ditos presuntos informes se califican como falsos e falaces, sin que ate a data recibiramos resposta.

Quedamos á espera da súa resposta, segundo o falado e así mesmo para a data na que podamos examinar os expedientes existentes na Xunta de Galicia segundo o ofrecemento que nos realizou o 22 de febreiro o Conselleiro de Industria D. Fernando Blanco Álvarez, no salón de actos do Vicerrectorado de Ferrol.

En Ferrol a 30 de marzo de 2006.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Noticias / Novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: