¿Quen defende o litoral en Cangas do Morrazo?

A Red LItoral Vivo comunica:

Confírmase a concentración convocada para o sábado 17, ás 17 Horas, na Alameda Vella de Cangas.

As asociacións compoñentes do Foro Social de Cangas convocan unha concentración o próximo sábado 17 de febreiro as 17 horas.

Logo CCEO motivo é expresar o rechazo a unha actuación xudicial de dúas velocidades: rápida contra os veciños e veciñas de Cangas acusados de delito de coaccións por paralizar as obras do porto deportivo, incluíndo a ameaza dunha actuación policial contundente, e lenta para todos os expedientes xudiciais e administrativos abertos contra os promotores do porto e a Autoridade Portuaria de Vigo, tendo como exemplos o prolongamento no tempo de máis dun ano da petición de paralización cautelar, a ralentización do expediente aberto pola Fiscalía de Medio Ambiente por indicios de delito contra a ordenación do territorio, falsedade documental e prevaricación (entre outros), ou a falla de resposta de Costas á petición de apertura de expediente de deslinde que clarifique o rexistro como propiedade privada dunha finca de dominio público marítimo terrestre.

Estanse a realizar contactos con asociacións interesadas na defensa do medio ambiente do ámbito galego para que se sumen a concentración e expresar xuntos o rechazo a un urbanismo destrutor que se atreve a saltarse as leis e presiona á Xustiza, Forzas do Orden e Medios de Comunicación para conseguir os seus obxectivos.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Convocatorias Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: