Segundo Aniversario da entrada en vigor do Protocolo de Kioto

28 ORGANIZACIÓNS PIDEN Á COMISIÓN EUROPEA QUE NON DEA SÚA APROBACIÓN AO PLAN NACIONAL DE ASIGNACIÓN 2008-2012

Coincidindo co segundo aniversario da entrada en vigor do Protocolo de Kioto 28 organizacións ecologistas e de cooperación ao desenvolvemento remitiron unha carta á Comisión Europea pedindo que non dea a súa aprobación ao Plan Nacional de Asignación de dereitos de emisión para o periodo 2008-2012 de España (PNA 2) sen esixir modificacións.

Segundo as organizacións firmantes o PNA 2 implica un aumento do obxectivo de España acordado no reparto da carga compartido polos países membros da Unión Europea como parte das súas obrigacións no Protocolo de Kioto, fai un uso desproporcionado do Mecanismo de Desenvolvemento Limpo (MDL), xustifica a utilización de Fondos de Axuda ao Desenvolvemento para a obtención de créditos procedentes do MDL, realiza unha sobreasignación de dereitos ao sector eléctrico que representa unha subvención a este sector e, ademais as regras de reparto incentivan a produción eléctrica con carbón.

España presentou o pasado mes de decembro o Plan Nacional de Asignación ante a Comisión Europea, e corresponde a esta Comisión valorar se a súa formulación é consecuente e coherente coa lexislación europea.

Desde o pasado 30 de xuño, data en que finalizaba o prazo para a presentación dos Plans Nacionais de Asignación ata agora, as organizacións ecologistas estiveron tratando de explicar e aportar ao Goberno español as posibles solucións para mellorar o PNA 2 de maneira que España puidese cumprir co seu obxectivo, de acordo co reparto da carga, sen recorrer en exceso ao MDL, preservando a competitividad dos sectores afectados pola Directiva e actuando en favor de combater o cambio climático. Ningunha desas recomendaciones foi tomadas en consideración.

As organizacions que firman esta petición son:

Greenpeace

WWF-Adena

Ecologistas en Acción

Amigos de la Tierrawwq

SEO/BirdLife

Fundación IPADE

Ecología y Desarrollo

Entrepueblos

Instituto Universitario de Desarrollo y Cooperación

Asociación Medioambiental La Cirigüeña

Plataforma Antitérmicas de la Pereda

Colectivo Ecologista de Avilés

Coordinadora Ecoloxista d’Asturies

Grupo Ecologista la Llavandera de Langreo

Grupu Ornitología Mavea de Avilés

Jovenes Verdes

Sociedade Galega de Historia Natural

Verdegaia

Arca

Zornotza Bizirik

Solidaridad Internacional

Grupo Ecoloxista Niño do Azor

Adega

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Asociación Medioambiental Muñatoiz

Federación Ecoloxista Galega

CCAN de León

Fundacio Terra

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: