Rolda de prensa, 23 de febreiro de 2007

1.- Próximo martes 27 de febreiro ás 20 horas no Salón de Actos do Vicerrectorado Universitario en Esteiro (Ferrol): Acto público con proxección do documental de Linea 900: “Un gasoducto no meu xardin”, mesa redonda e coloquio. Dous compoñentes do equipo de “Línea 900” participarán representando a TVE. Solicitóuse ao director de programa L900 Jaume Codina o permiso para proxectar o seu documental neste acto aberto ó público

Reganosa Fóra da Ra de Ferrol2.- Conta bancaria, (aberta o 13/2/2007)

Para ingresos desde España:

0182-0181-59-0201548440

(conta do BBVA).

 

Desde fóra de España,

Codigo BIC: BBVAESMMXXX

código internacional de cuenta bancaria

IBAN ES96 0182 0181 5902 0154 8440

O Comité Cidadán de Emerxencia ten varios contenciosos abertos en contra da planta de gas que REGANOSA contrúe no interior da Ría de Ferrol e que no caso de que entre en funcionamiento suporá unha grande amenaza permanente, dia e noite, para a vida de miles de veciños da ría.

Nun dos contenciosos, contra a modificación para usos de Planta de Gas aprobada polo Concello de Mugardos, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) aceptou designar tres técnicos: Capitán da Marina Mercante, Arquitecto e Enxeneiro Químico para que respondan ás preguntas do avogado do Comité Cidadán de Emerxencia. Ditos informes periciales son moi importantes xa que serán aceptados polo Tribunal neste contencioso e terán o mesmo efecto nos outros contenciosos a trámite. O custo das peritaxes destes tres técnicos ten que pagalos o propio Comité polo que urxe a túa axuda. Tanto o Concello de Mugardos como REGANOSA tentaron opoñerse á designación dos tres técnicos, mais perderon o recurso e finalmente contamos cunha oportunidade que non debemos perder. Coa axuda de todos/as pararemos esta barbaridade.

O luns 19 de febreiro fíxose un primeiro pago para costear a peritaxe do Enxeñeiro químico e quedaba un saldo remanente de 200 euros. As donacions seguiron goteando na conta aberta. A primeira hora do venres 23 de febreiro púdose pagar o custe da peritaxe do Capitán da Mariña Mercante, quedando un saldo rema­nen­te de 470 euros. Está pendente da comunicación do TSXG sobre a peritaxe do Arquitecto, que se supón será dunha cuantía similar ás anteriores, para o que haberá tamén cinco días de plazo hábiles. Queda ainda moito colecti­vo que non aportou súa donación e asociacions dispostas a un esforzo para que tamen se cubra o coste da peritaxe do Arquitecto. O importe de ditos costes abonase nuhna conta do Tribunal quen o entregará a cada tecnico despois de que resposten as preguntas, que para as peritaxes sa pagadas son as seguintes:

O Enxeñeiro Quimico: <<Probabilidade e posibilidade de que a consecuencia dun accidente grave, no peirao de atraque ou nas instalacións de Reganosa ou de “Forestal do Atlántico S.A.”, poidan verse incrementados os danos debido á ubicación e á proximidade de devanditos establecementos e á presenza nestes de sustancias perigosas. Determinación das consecuencias para a vida humana e o ecosistema da zona en caso de incendio e explosión dun buque metanero con carga de 123.000 m3 ou 135.000 m3 de GNL no peirao de descarga de Punta Promontorio co efecto dominou previsto na Directiva 96/82/CE.>>

O Capitán de Mariña Mercante: Se un buque metanero de 125.000 ou 135.000 m3, transportando GNL atracado en Punta Promontroiro, instalacións proxectadas por Regasificadora do Noroeste S.A. (Reganosa), podería en caso de accidente grave no peirao de descarga, soltar inmediatamente amarras e dirixirse rápida­men­te a mar aberto, tendo en conta as restricciones á navegabilidad pola canle, estrechez, condicións meteo­rolóxicas, de marea e outras esixidas pola Capitanía Marítima de Ferrol. E grado de posibilidade para adoptar esa medida de seguridade en calquera tempo e detalle das dificultades que podería atopar a súa saída.”

3.- O 13 de febreiro de 2007 finalizóu o plazo máximo de 36 meses da autorización de constru­cción, pero continúan as obras de Reganosa, evidencia de que vai mal todo o proceso, pendente de solicitar a autorización de funcionamento (*) e sen ter resoltos os condicionados de devandita autorización: entre eles as distancias suficientes á poboación e a saída de urxencia dos buques gaseros, o que é imposible de cumprimentar coa caprichosa ubicación elixida polas súas promotores

(*) Se alguén chegase a asinar a autorización de funcionamento a Reganosa, sería como “o último mono” de todo un irregular e ilegal proceso, no que os anteriores firmantes, para cubrir suas espaldas, puxeron condicionados imposibles de cumprimentar.

Correo: comitecidadan@iespana.es

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: