A Voz de Galicia descubre que Reganosa é un proxecto precario e un mal negocio

Ademais de que é unha ameaza á vida humana, agora descóbrese que Reganosa é un proxecto en precario e un mal negocio, pero os seus corifeos non se queren dar por decatados e pretenden implicar ao poder político, para que resucite un morto herdado pola actual Xunta de Galicia e implicar á administración en novas ilegalidades.

Asemblea 2006O que publica La Voz de Galicia estos dias, 7, 8 e 9 de marzo, en relación con Reganosa, é o final dun pulso iniciado fai uns meses polo devandito xornal, pretendendo implicar ao poder político a fin de que resucite o morto de Reganosa herdado do Sr. Fraga. Agora salta á luz publica que é un mal negocio no que parte dos seus socios estarán botando contas de se lles interesa seguir cun prazo de amortización próximo aos 60 anos no canto dos 30 que antes saían coas contas da leiteira feitas por uns atrevidos promotores que tiveron éxito nos supermercados, pero que no sector enerxético parecen ter ascendido a un temerario nivel de incompetencia.

Este último pulso iniciouse co publicado na Voz de Galicia os pasados 6,7, 8, 10, 12 de decembro e 12 de xaneiro, secundado por unha pagina o 21 de decembro no semanario “A Nosa Terra” do BNG, e declaracións dos lideres do bipartito galego, actuando todos como “peóns” cunha coordinación anti-natura, para presionar ao Goberno Central, ao que finalmente lle fixo unha pregunta o Deputado do PP Arsenio Fernández de Mesa, actuando de “alfil”.

Esa operación non é espontánea. Parece coordinada para reclamar unha capacidade de vaporización de 800.000 m3/hora en Reganosa, case tres veces do que ten autorizado, con un victimismo desesperado alegando o pretexto de que se discrimina a Galicia, coa pretensión de implicar á administración en novas ilegalidades, ata con datos falsos que non son desmentidos desde o goberno central, cuns interlocutores de BNG e PSOE na Xunta que por causas inexplicables aceptan a herdanza envenenada de Reganosa.

Nas autorizacións a Reganosa de 3/6/2002 e 13/2/2004 consta 322.500 m3/hora de capacidade para producir gas natural. En novembro de 2005 o Conselleiro de Industria públicamente quedou moi satisfeito cando, na revisión da planificación energética do 2005 ao 2011, o Ministerio de Industria aceptou que constase a cifra de 412.800 m3/hora. Pero La Voz de Galicia estes días non é veraz pois dá por feito que Reganosa ten autorizada esa cifra, e o despropósito na letra impresa implica tamén á Xunta de Galicia.

A planificación energética é como unha chincheta nunha parede, non é unha autorización para a que Reganosa tería que seguir o procedemento do articulo 67 da lei de Hidrocarburos, e que non ten feito. Pero segundo o que publica La Voz desde a Xunta tamén queren saltar esa lei permitindo que Reganosa siga co “dereito de pernada” que desde 1997 vén exercendo. O publicado na Voz de Galicia parecen textos elaborados pola oficina de prensa de Reganosa, sendo ésta o proveedor de información ao Conselleiro de Industria e ao seu Director Xeral. Así lles vai.

En realidade Reganosa pretende que lle dean a autorización de funcionamento sen acreditar o cumprimento da legalidad vixente. Para “ir colando o embolado”, La Voz de Galicia anunciou estes días un primeiro gasero para maio, a entrada en funcionamento para xuño e que Reganosa co 97 % de obra realizada, (sen estar terminada) solicitou a autorización de funcionamento, saltando os condicionados que de xeito irregular constan na autorización de construción. Os seus promotores a través dos seus corifeos e da Voz de Galicia desde decembro de 2006 publican argumentos para a galería que en Madrid posiblemente nin os mencionan, porque non son argumentos validos. Aínda que o mercado enerxético esta moi regulado en España, existe moita presión desde a Comisión Europea para que cada consumidor de gas poida elixir proveedor. Polo tanto estes dias descóbrense os temores dos promotores de Reganosa como un sinal de que non van dispoñer de clientes e/ou que o seu negocio non será rendible.

Sorprende que o 8 de marzo La Voz de Galicia publicou o articulo de José Luís Barreiro: “De xoia da coroa a bisutería barata”, que ilustra o fracaso de Reganosa. Noutros artigos o devandito xornal “maquilla” o fracaso dicindo que a Reganosa néganlle fornecer gas a particulares ou para levalo ao Bierzo ou Asturias. Pero os gasoductos de Reganosa están proxectados para ir directos aos ciclos combinados de As Pontes e Sabón, sen ningún ramal para fornecer gas ás localidades por onde pasan. Por outra banda na “melé” destes días, o Conselleiro de Industria Fernando Branco e o Presidente Touriño, déixanse implicar e propoñen un novo gasoducto cara ao Bierzo para que “Reganosa exporte unha gran cantidade de Gas” que non consta na súa autorización de construción.

Estes días confirmouse públicamente o que xa se sabía, que Reganosa ten posibilidade de fracaso e como fuga cara adiante pretende aumentar a produción de gas a cifras que non ten autorizadas e que terían que que ser disminuidas nas ventas de outros operadores do estado. ENAGAS xa advertiu que ese gas o recibe por gasoducto nun contrato a longo prazo que ten que pagar aínda que non se consuma. A maiores o Consello de Ministros do 29 de decembro reduciu a un 50% a marxe de beneficio dos suministradores de Gas en España. A resposta do Goberno e de ENAGAS destes días é un varapalo á La Voz de Galicia e a Reganosa, pero tamén para quenes desde a Xunta de Galicia estanse deixando embaucar a risco de quedar sos co marrón de Reganosa.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Noticias / Novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: