Ao Delegado do Goberno e á Subdelegada coruñesa: que non funcione Reganosa

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, enviou sendos escritos ao Delegado do Goberno e a Subdelegada de A Coruña, solicitándolles que se poñan en comunicación co Ministerio de Industria para que non sexa autorizada a entrada en funcionamento de Reganosa.

O Comité Cidadan de Emerxencia para a Ría de Ferrol enviou onte por correo postal un escrito ao Delegado do Goberno en Galicia solicitandole que recorde ao Ministro de Industria que ten pendente de resposta un escrito de 27 de xuño de 2006 no que se lle solicita que non sexa autorizada a entrada en funcionamento de Reganosa.

Así mesmo para que o Ministerio de industria ordene ao Área de Enerxía da Subdelegación da Coruña para que non autorice a entrada en funcionamento das instalacións que Reganosa está construíndo, por ser imposible que os promotores poidan cumprimentar os condicionados impostos na autorización de construción, nas distancias á poboación segundo o articulo 12 da Directiva Seveso II ou no RAMINP, e na saída de urxencia dos buques gaseros, todo o cal pódese comprobar nunha simple visita á Ría de Ferrol.

Como anexos acompáñalle un DVD coa reportaxe de Linea 900 titulado “Un gasoducto no meu jardin”, cuxas imaxes permiten apreciar a imposibilidade de que Reganosa poida cumprimentar os devanditos condicionados de distancias á poboación e de saída de emerxencia dos grandes buques gaseros. Se lle envia unha copia dos informes que no seu dia emitiron a Dirección Xeral de Urbanismo e a Autoridade Portuaria de Ferrol, dúas dos organismos que foron consultados previamente á autorización de construccion e que responderon con informes presuntamente favorables pero concidionados a cuestións que son imposibles de resolver coa caprichosa ubicación de Reganosa dentro de Ríaa de Ferrol, como os requisitos de distancias ata a poboación e a saída de emerxencia dos buques gaseros.

Por outra banda ao Delegado do Goberno en Galicia cítaselle a paradoja negativa de que no mes de febreiro pasado, o buque holandés Ostedijk cargado de fertilizantes tivo un incendio parcial da súa carga e que, aínda logo de sufocado devandito incendio, as autoridades non lle permitiron achegar a un porto da provincia de Lugo. Con maior motivo esas mesmas autoridades non poden permitir que un gasero cargado de GNL entre na Ría de Ferrol, feito anunciado para o mes de maio, ameazando a vida de 100.000 persoas.

Se alerta tamén ao Delegado do Goberno que é unha falsedad cualificar de estratéxica a Reganosa. No Ministerio de Industria deberían poder informarlle a Vd que é posible unha plataforma gasista en Galicia sen ameazar a vida da poboación, cunha Planta de Gas fóra da Ría de Ferrol, no Porto Exterior que se esta construíndo ou en mar aberto do Golfo Artabro.

A autorización de funcionamento ha de ser solicitada ao Area de Enerxía da Subdelegación do Goberno, segundo o artigo 85 do Real Decreto 1434/2002, así mesmo segundo a cláusula décima das autorización de construción de 13 de febreiro de 2004.

O Comité Cidadán sinala ao Delegado do Goberno que pola ameaza que implicaría a actividade Reganosa para a vida nas poboacións próximas, por ser tal actividade totalmente contraria ao desenvolvemento sostenible da Ría de Ferrol e porque os condicionados existentes a primeira ollada pódese apreciar que son imposibles de resolver, o Área de Enerxía da Subdelegación do Goberno non debe autorizar o funcionamento de Reganosa.

Idéntico escrito foi enviado no dia de hoxe tamén á Subdelegada do Goberno na Coruña.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Recursos do Comité

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: