Solicitamos ao Alcalde de Ferrol que o Concello se pronuncie contra a entrada en funcionamento de Reganosa

O Comité Cidadán de Urxencia presentou por rexistro municipal un escrito ao Alcalde de Ferrol a fin de que, como primeira autoridade local de protección civil, exerza as súas obrigacións en defensa da vida dos veciños e veciñas de Ferrol , propoñendo ao pleno municipal unha moción para solicitar da administración central competente que non autorice a entrada en funcionamento de Reganosa.

No escrito presentado por rexistro municipal o martes 27 de marzo, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol expón que polos medios de comunicación, do último domingo 18 de marzo, ten coñecemento de que o Alcalde de Ferrol vai convocar un Pleno Extraordinario para propoñer unha moción en apoio a ampliación da capacidade de vaporización que Reganosa, de xeito desesperado está reclamando, coa pretensión de chegar a cifra de 800.000 m3/hora, dicindo que quere fornecer gas natural as Comunidades Autónomas de León e de Asturias. Informase ao Alcalde de Ferrol que na autorización administrativa previa a Reganosa de 3/6/2002, e na de construción de 13/2/2004, consta a cifra de 322.500 m3/hora como capacidade de vaporización autorizada a Reganosa. (*)

Por outra banda, tamén se lle comunica ao Alcalde de Ferrol que segundo o publicado nestes últimos meses, e evidente que, antes de finalizar as súas obras, Reganosa é un fracaso como negocio energético e dá a impresión de que seus promotores entraron no sector energético con manifesta incompetencia, segundo as informacións que se publican, particularmente sobre as OPAS a Endesa, coa aparición ademais de grandes operadores europeos dispostos a entrar no mercado español e tamén en Galicia, con contratos de gas natural por gasoductos en grandes cantidades a longo prazo desde Argelia ou desde Rusia, de xeito que o gas natural contratado por gasoducto téñeno que pagar aínda que non o consuman, quedando as plantas de gas como reserva para cando poidan existir problemas no fornezo por gasoducto.

Así mesmo que nun escrito que o Comité Cidadán enviou o Ministro de Industria o 27 de xuño de 2006, advírteselle que é imposible que Reganosa poida cumprimentar os condicionados da autorización de construción, sobre distancias de seguridade respecto das poboacións e para a saída de urxencia dos buques gaseros, polo que non estaría salvagardada a vida das persoas e os seus bens. Agora, cando aínda estase a tempo de evitar unha traxedia, tamén ao Alcalde de Ferrol déixaselle constancia de que Reganosa está anunciando a súa entrada en funcionamento para o próximo mes de xuño, pretendendo saltar devanditos condicionados e implicar as administracións públicas en novas ilegalidades.

Por todo iso o Comité Cidadán SOLICITA do Alcalde de Ferrol que:
a) Como primeira autoridade local de protección civil, exerza as súas obrigacións para defender aos seus veciños e veciñas da ameaza que supoñería Reganosa no caso de entrar en funcionamento, e consecuente­mente propoña o pleno unha moción solicitando da administración central competente que non autorice a súa entrada en funcionamento, tramite que unha vez rematadas as obras Reganosa ten obrigación de solicitar segundo o artigo 85 do Real Decreto 1434/2002 de 27 de decembro.
b) En base a Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol, no caso de que se convoque o citado Pleno Municipal anunciado, permítase exercer a palabra a un representante do Comité Cidadán de Urxencia, a fin de expoñer unha opinión que é de interese xeral para os veciños e veciñas de Ferrol.

(*) Acompáñase un fichero pdf con algunhas paginas da Autorización de Construción a Reganosa, de 13 de febreiro de 2004, onde na que ten o pé de pagina nº 5 consta a capacidade de vaporización de 322.500 m3/hora, polo que é falsa a cifra de 400.000 m3/hora que nalgún medio se esta difundindo.
En anteriores comunicados do Comité Cidadán de Emerxencia informouse que o Consello de Ministros do 29 de decembro de 2006 acordou reducir as marxes de beneficio para as instalacións de gas natural. Tiñan unha marxe de beneficio do 14% que foi rebaixado ao 7%, co cal os prazos de amortización para Reganosa dispararíanse a 50 anos ou mais, provocando que as súas contas da leiteira non sirvan para socios que prefiran un negocio a curto prazo. Iso mais os contratos por gasoducto para os grandes operadores , explica o xeito desesperado coa que Reganosa esta redclamando unha ampliación a mais do doble, e que non está xustificada polo consumo local que é moi pequeniño en comparación coa diferencia de 800.000 a 322.500 m3/hora.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: