35 Asociacións e Plataformas cidadás de Galicia Contra a Degradación do Territorio

Galiza non se vende35 colectivos ambientais e plataformas cidadás de Galicia, integradas na Rede litoral Vivo, convocan para domingo 6 de Maio ás 12 da mañá unha manifestación por un ordeamento territorial sustentábel co lema “Galiza non se vende. Terra viva e vida digna para tod@s”, que partirá dende a Alameda de Santiago de Compostela e rematará na Praza da Quíntana, na que a actriz Mabel Rivera leerá un manifesto.

Os grupos convocantes somos conscientes da importancia ambiental e social que ten o territorio, asímesmo da crecente capacidade que temos para o modificar, alertar a cidadanía e gobernantes sobre as consecuencias do proceso destrutivo ao que estamos a asistir. Combinando desleixo, incompetencia, ignorancia, especulación e unha estrema ambición depredadora, se levan décadas a destruír o territorio, incluido o do litoral exterior e interior, co pretexto da xeración de emprego, o progreso e a mellora da nosa cualidade de vida.

Pero coa degradación do territorio estase a destruír paisaxes, historia e identidade, e tamén a empobrecer a biodiversidade, a nosa saúde e a nosa cualidade de vida, ademais de hipotecar a das xeracións futuras, con un urbanismo caótico, infraestruturas de transporte irracionais, campos de golf, portos deportivos, encoros, complexos petroquímicos e instalacións perigosas ou nocivas que ameazan a vida da poboación e tamén ameazan a riqueza natural das rías, dos rios e demais entorno territorial, piscifactorías, parques eólicos indiscriminados, paseos marítimos e fluviais ríxidos, recheos, lodos de case un metro de grosor, monocultivos de especies exóticas e invasoras, insuficiente respeito polas figuras de protección ambiental e os espazos naturais protexidos, ocupación de espacios públicos para favorecer negocios privados, etc… teñen unha cousa en común: a inexistencia dun ordenamento territorial sustentábel.

Aínda estamos a tempo de mudar o rumo e pór fin a décadas de autodestrución, por iso quen convocamos a manifestación do vindeiro 6 de Maio demandamos, entre outras medidas, as seguintes:

    • A implantación dunha nova cultura do territorio que poña límites á artificialización irreversíbel do territorio (urbanización difusa, proliferación de infraestruturas de transporte por estrada, paseos marítimos, recheos, industrias perigosas ou nocivas, ocupación de espacios públicos para negocios privados), procure a adecuación dos usos do chan e do mar ás súas aptitudes, non destrúa as nosas mellores paisaxes e rías, free a especulación inmobiliaria, facilite o acceso a unha vivenda digna, a rehabilitacion dos barrios antiguos ou deriorados das cidades, mellore a sus habitabilidade, tamén a das vilas e aldeas, e reduza a demanda de transporte motorizado, xerando proximidade.

    • O cumprimento da lexislación vixente. O grao de incumprimento da lexislación de protección ambiental e do patrimonio pódese cualificar mesmo de escandaloso. A escasa vontade política tradúcese na enorme insuficiencia de medios destinados a informar á sociedade sobre a súa existencia e a fiscalizar o seu cumprimento efectivo. Sen dúbida, é preciso ampliar e mellorar a lexislación de protección ambiental, ordenación do territorio e urbanismo, máis primeiro cómpre multiplicar os esforzos para a aplicación e implementación da lexislación vixente, a fin de que non se continúe coa depredación do territorio e da riqueza natural, a contracorriente do desenvolvemento sostible, provocado polas Administracións, grandes empresas ou nas que participa a Administración para favorecer a grupos privados.

    • Unha nova Lei de Ordenación do Territorio que delimite que se pode facer e onde, fundamentada na protección dos valores sociais, ambientais e culturais do territorio galego. Os modelos territoriais do planeamento deben ter un marco de referencia supramunicipal que dé unha coherencia territorial e de funcionamento aos servizos, ao abastecemento e aos equipamentos, partindo da protección de todo o solo non urbanizable e da obriga de demostrar a necesidade e racionalidade de modificación desa protección por necesidades de crecemento dos núcleos de poboación. Entre outras medidas nesta lei debese decretar a prohibición de construción na franxa no ocupada dos primeiros 500 metros de costa e nas marxes dos ríos.

    • Promover unha Estratexia de xestión integrada do litoral exterior e tamen do mais sensible existente no interior das Rías, con un saneamento integral das mesmas a curto plazo e un autentico plan de usos compatible co desenvolvemento sostible, canto antes, de xeito que se estableza o marco de coordinación de todas as políticas que inflúen sobre a zona costeira exterior e no interior das Rías, eliminación de recheos insostibles os vindeiros anos, limpieza de lodos e recuperación, rexeneración da sua riqueza natural e marisqueira que pode xerar moitos empregos, ademais de que se racionalice a actuación das distintas administracións con competencias sobre o litoral baseada na protección e no artellamento dun tecido económico diversificado onde as actividades cun alto compoñente de emprego estábel substitúan as políticas de “pan para hoxe e fame para mañá” claramente representadas pola promoción de segundas e terceiras vivendas na costa ou baseadas en industrias cun alto impacto ambiental e baixo nivel de emprego como as piscifactorías. Neste senso, demandamos a anulación dos planos sectoriais de ampliación da piscifactoría de Quilmas (Carnota) e de construcción da piscifactoría de Costa Galloufa, declarados irregularmente como de incidencia supramunicipal, asimesmo que non sexa autorizado o funcionamento de Reganosa e que canto antes desaparezcan do interior das Rías as industrias e tráficos nocivos ou perigosos, coma os do Complexo Petroquímico en Mugardos, os Tanques do Ferrado en Vilagarcia ou a Papelera de Ence en Pontevedra.

    • Protección efectiva e ampliación da aplicación das figuras de protección ambiental As figuras de protección ambiental deben se aplicar de xeito rigoroso, definindo claramente os espazos protexidos e fornecendo corredores ecolóxicos ou espazos ponte que permitan manter ecosistemas dinámicos e interconectados. Exemplos como a delimitación por parte da Xunta do futuro Parque Natural do Courel onde se deixa sen protexer grande parte da zona sur para facilitar a instalacións de canteiras, estragando definitivamente as concas dos ríos Pazos, Vilarbacú, Ferreiriño e Lor, xa gravemente afectadas por pizarreiras, indican claramente o desleixo da administración na protección de espazos de alto valor ecolóxico.

    • Transparencia e participación da cidadanía nas decisións que afectan ao territorio. As políticas públicas, como indica o seu nome, esixen unha ampla discusión entre a cidadanía e as administracións implicadas e da contraposición dos distintos intereses que xiran arredor delas para achar o balanzo máis positivo en termos sociais, económicos e ambientais. As Axendas 21 Locais foron esperanzadoras máis o desleixo político e a falla de vontade real de asumilas rematou por convertelas nun mero trámite de xestión privada e sen interese para a participación cidadá. Cómpre desenvolver estruturas de participación cidadá efectivas que permitan aos colectivos sociais participar dende o seu inicio no desenvolvemento dos actuais e futuros procesos urbanísticos e que a súa opinión sexa tida en conta.

Convocantes de Ferroterra que forman parte de Rede Litoral Vivo e suscriben este comunicado:

Verdegaia

ADEGA

Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol

Asociación Fuco Buxán

Plataforma Ártabra 21

SGHN

e Fusquenlla de Pontedeume

Advertisements
Explore posts in the same categories: Convocatorias Comité Cidadán

2 Comentarios o “35 Asociacións e Plataformas cidadás de Galicia Contra a Degradación do Territorio”


  1. […] 2007 As Terras do Nordés , .gl / gz Cando escribo estas liñas xa foi a manifestación que diversos colectivos convocaron este domingo, en Compostela contra a especulación e a degradación do noso […]


  2. […] Comentario al día , Sociedad Cuando escribo estas líneas ya fue la manifestación que diversos colectivos convocaron este domingo, en Compostela contra la especulación y la degradación de nuestro […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: