Manifesto da concentración do sábado 12 de maio de 2007 , no Porto de Ferrol

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acordou na XI Asemblea Cidadá a convocatoria desta concentración porque dende o mércores 9 de maio de 2007 ás 9:30 da mañá, as poboacións da Ría de Ferrol estamos sometidas a unha ameaza real día e noite, logo da entrada ilegal e pola forza do buque Galicia Spirit que trae Gas Natural Licuado para descargar e facer probas, autorizadas irregularmente, na planta que Reganosa está construíndo en Mugardos.

Dita autorización foi asinada, en A Coruña, o día 4 deste mes, por D. Francisco Barroso Palomino, Director Provincial del Área de Industria y Energía, organismo da Administración do Estado. Esta irregular acta de probas foi a utilizada como pretexto para burlar a lei e demostra unha vez mais, a estratexia empregada por Reganosa dos feitos consumados.

Con esta concentración queremos:

  1. Que a cidadanía exprese o seu rexeitamento pola entrada ilegal na Ría dun buque gaseiro cargado con 140.500 m3 de Gas Natural Licuado; pola súa descarga nos tanques de Reganosa sen ter terminadas as obras, sen ter todos os preceptivos permisos e sen ter cumprimentados os condicionados da súa autorización de construcción; e pola imposible saída de urxencia dos buques en caso de accidente. Provocando todos estes feitos un alto risco para a vida humana nas poboacións próximas a Ría.

     

  2. Que a cidadanía esixa por escrito o cese dos responsables desta situación de perigo. O Capitán Marítimo, D. Jorge Cao Ruiz; o Presidente da Autoridade Portuaria, D. Amable Dopico Freire; o Director da Área de Industria Y Energía de A Coruña, D. Francisco Barroso Palomino; e o Delegado do Goberno, D. Manuel Ameijeiras Vales. A todos eles polas responsabilidades que tiveron asinando as autorizacións que permitiron co gaseiro entrara pola forza na Ría.

     

  3. Denunciar que a entrada do buque gaseiro Galicia Spirit na Ría de Ferrol é un feito moi grave similar á decisión do alonxamento do Petroleiro Prestige. Naquel caso tratábase dun accidente, coa decisión equivocada de apartalo da costa en base a un informe técnico amañado. Agora co gaseiro, Galicia Spirit, e á inversa, amparándose nunha irregular acta para autorizar probas provisionais a Reganosa, o introducen na Ría de Ferrol, ameazando á vida da poboación. Acta na que tamén, se escudou o Delegado do Goberno, Manuel Ameijeiras Vale, para ordenar o emprego da forza antidisturbios, sen realizar previamente, a mínima labor de instrucción, co fin de verificar se eran certos os condicionados que Reganosa ten sen cumprimentar, ou que son imposibles, como as distancias ás poboacións, ou a saída de urxencia de buques gaseiros e que se lle comunicaron por escrito o 13 de marzo e o 4 de maio deste ano.

     

No Comité Ciudadano pensamos que esta semana libramos unha importantísima batalla, decisiva para gañar esta guerra, polo que non se pode interpretar como unha derrota, aínda que conseguiran meter o gaseiro.

Por un frente impedimos por catro veces que o Galicia Spirit non entrara na Ría e só conseguírono meter empregando as forzas de seguridade dun estado de dereito ao servicio da ilegalidade e dos intereses de unha empresa privada chamada Reganosa e ameazándonos e mesmo intentando agredirnos aos cidadáns e traballadores do mar que tratábamos de pedir que se cumprira a lei.

Por outro frente conseguimos romper os muros de silencio. Agora fóra de Ferrol e mesmo de Galicia se sabe que Reganosa está fóra da lei e que quere facerse dona da nosa Ría. Xa é denunciado por algúns xornalistas como un caso clamoroso de corrupción política, financiera e mediática

Tamén nesta semana conseguimos que algúns políticos, como o Alcalde de Mugardos ou o mesmo Presidente de Reganosa, D. Félix Alonso, recoñecieran publicamente que Mugardos non é a ubicación adecuada para unha Planta de Gas.

Así, todo o acontecido motívanos aínda mais para continuar defendendo a vida humana, a riqueza marisqueira e a legalidade polas vías administrativa e xudicial, ademais de promover a movilización da cidadanía e seguir informando á sociedade, a fin de que sexa paralizada a actividade na Planta de Gas de Reganosa e que sexa expulsada fóra da Ría.

Para rematar quero facerme eco das palabras dunha compañeira do Comité que prologa o libro publicado estes días “ Muros de silencio. Corrupción y amenaza en la Ría de Ferrol. El caso Reganosa, onde dí: ” aínda hoxe é posible evitar o que estamos seguros será considerado o día de mañá como un dos grandes escándalos político-económico de Galiza durante a democracia.

Por todo iso seguimos dicindo: ¡Planta de Gas Fóra da Ría! e ¡A Ría é nosa e non de Reganosa!

Advertisements
Explore posts in the same categories: Boletíns - Manifestos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: