Nota informativa:Concentración do 12 de maio de 2007, no Porto de Ferrol

Na concentración de hoxe no peirao de Ferrol participaron unhas 2000 persoas, desde as 12 ata as 13 horas. Recolléronse firmas en tres mesas, nas que se dispuxeron xogos de catro escritos, nos que cada persoa ten que asinar catro veces, a fin de solicitar o cese ás respectivas instancias superiores que nomearon a Francisco Barroso Palomino, Manuel Ameijeiras Vales, Jorge Cao Ruiz e Amable Dopico Freire aos que se considera que poderían prohibir a entrada do gasero Galicia Spirit ou cederon a presións politicas ou económicas.

Moito antes de finalizar a concentración esgotáronse as copias de escritos que se habian levado para asinar, totalizando 560 firmas e quedando moitos participantes para asinar en proximos dias, polo cal faráselles chegar copia dos escritos por email e para que os devolvan asinados ata o mercores próximo, nalgunha das Asociacións integradas na Asemblea Cidadá, entre elas o Ateneo Ferrolan, onde desde o luns pola mañá podran recollerse exemplares dos escritos para asinar quen non teñan forma de recibilo por email. O Mercores habera xuntanza do CCE pare recoller as firmas.

Quen sexan de fóra de Ferrol rógase que as copias orixinais asinadas envíenas por correo postal a : Comité Cidadan de Emerxencia, Ateneo Ferrolan Rúa Magdalena 204, 1º,Ferrol 15401 , a mais tardar con data de saida o vindeiro mércores. Así mesmo por email a comitecidadan@iespana.es o aviso do envío e numero de firmas, a fin de esperar por elas.

Ás 13 horas Montserrat Garel, actuando como portavoz do Comité Cidadán, leu o manifesto. Así mesmo, pola megafonia o Coordinador Carmelo Teixeiro comunicou o seguinte:

  1. A cidade de Ferrol ten que estar moi agradecida aos traballadores do mar, que unha vez mais defendérona. Os mariscadores/as, traballadores/as do mar que viven da riqueza que extraen da Ría, coas súas actuacións integradas no Comité Cidadán escribiron unha pagina moi positiva da historia de Ferrol en defensa da vida, a riqueza da ría e a legalidad. O Comité Cidadán considérase solidario e comprometido con eles e apoiaralles nas súas reivindicacións á Xunta de Galicia. (Para que esta non cometa o erro de darlle a Reganosa parte de vára de poder que as urnas soamente dan a quen se presentan ás eleccións).

    2) O gaseiro Galicia Spirit saleu hoxe cara ás 7,15 horas coincidindo coa baixamar, é dicir, en marea parada pero con menor calado debido a que ía en lastre ou baleiro sen carga por haber descargado as 140.500 m3 de gas natural licuado no tanque oeste que ten construído Reganosa, non podendo facelo no outro porque aínda non está terminado (sufriu un atraso despois do incendio que no mesmo orixinouse no pasado mes de outubro). Iso quere dicir que nas instalacións de Reganosa esta almacenada unha cantidade elevada de gas natural licuado que constitúe unha ameaza e un perigo para a poboación próxima á que Reganosa esta ameazando no caso dun accidente grave.

    3) Un dos candidatos á Alcaldía de Ferrol di hoxe nun medio que “Hai que ir pensando en cambiar a Reganosa de ubicación”, o que se entende que a Planta de Gas debe ser situada no Porto Exterior. Entendemos que tamén a Xunta de Galicia debe ir pensando nunha Planta de Gas no Porto Exterior, para unha plataforma gasista con futuro e segura, xa que a Planta de Reganosa é un proxecto en precario económicamente e que ameaza á poboación, polo que mais tarde ou cedo será paralizada, esperando que sexa clausurada o mais pronto posible e antes de que ocorra un accidente grave que podería provocar unha catástrofe.


    4) Finalmente deuse a coñecer que no día de onte os mariscadores están sendo represaliados con inspeccións provocadoras da garda civil que se entende son ordenadas para algunha finalidade impresentable nunha democracia na que non é de recibo perseguirlles ou provocarlles tal e como ocorreu onte venres. Os mariscadores seguen á espera de que a Xunta de Galicia comprométase a pagar o día perdido o pasado 9 de maio por mor da entrada do gasero Galicia Spirit e as perdidas que a eles lles cause os danos que Reganosa orixine na Ría de Ferrol.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: