Acordos da Asemblea Cidadá del 23 de maio de 2007

Como preámbulo informouse da campaña sucia da Voz de Galicia, que parece A Voz de Reganosa, acusando a debilidade dos promotores de Reganosa, ante as actuacións últimas do CCE que romperon os muros de silencio dos últimos oito anos. A lancha con gasolina que onte mércores salio en primeira pagina da Voz de Galicia, era unha lancha nodriza par encher gasolina as distintas lanchas no bloqueo do metanero Galicia Spirit. Así mesmo de que a Conselleria de Industria esta dicindo que coas nosas actuacións estamos atrasando a chegada do gas natural aos particulares, o cal é falso porque os particulares non recibirán nin un gramo de gas natural de Reganosa, porque en la planificación energética só contempla fornezo a losciclos combinados de Endesa e FENOSA.

Denuncia da Garda civil e autoinculpacions:

En relación coa denuncia a varios mariscadores por un ateigado da Garda Civil, nos que se lles imputa desobediencia no bloqueo do metanero Galicia Spirit o pasado 7 de maio, acordouse:
a) Rolda de prensa ás 12,30 no Ateneo Ferrolan para explicar os acordos.
b) Inicio o dia 24 de maio dá autoinculpación nesa denuncia por parte de cidadáns/as en xeral (ás 13,00 no rexistro do Xulgado de Ferrol. (horario dese rexistro ata as 15,00) Entregouse escrito de autoinculpación e repartíronse cen exemplares, Unha boa parte foi asinada na Asemblea para entregar este xoves ás 13,00 por unha representación do CCE, acompañada dos que queiran asistir a entregar os seus escritos.
Acordouse un prazo dunha semana ata o xoves da semana próxima para recoller escritos asinados de autoinculpación.
Quen leven o escrito directamente ao rexistro dos Xuzgados de Ferrol, rógaselles deixen copia, con selo de entrada, no Ateneo Ferrolan ou a un membro do CCE.
Quen non poidan ir ao rexistro do Xulgado de Ferrol, teñen a opción de deixar o escrito asinado no Ateneo Ferrolan.
Para persoas doutras cidades poden presentalo no rexistro do xuzgado da súa cidade, ou envialo por correo postal ao Ateneo Ferrolan, para que se lle presente no Xuzgado de Ferrol.

Actuacións para que non entre na Ría un segundo buque metanero cargado de GNL:

O vindeiro venres 25 de maio a pleamar diurna é cara ás 12:45, pero non se ten confirmada a chegada do metanero. Estarase atentos por se ese dia ou seguintes tense noticia da súa chegada e avisarase para unha reunión no Porto de Ferrol.

Como información se entregou copia da pagina 4 das normas elaboradas pola Capitanía Marítima de Ferrol para a entrada de metaneros cargados de GNL e para a súa saída. Esta paxina é unha proba documental de que un metanero como o Galicia Spirit non podería saír ao mar rapidamente e polos seus medios tal e como require a norma EN-1532. E unha proba dun dos condicionados que ten Reganosa impostor na sua autorización de construción e imposible de resolver. Por tal motivo non é legal a acta de posta en servizo parcial para probas asinada na Coruña o 4 de maio pasado por Francisco Barroso Palomino, Director do “Area de Enerxía e Industria”, organismo provincial dependente do Ministrerio de Industria.
Nesa páxina 4 das Normas elaboradas pola Capitanía Maritima consta como fondeadero de urxencia o de Santa Lucia, o lado dos peiraos onde descargou o Galicia Spìrit e moi preto do barrio das casas baratas de Mugardos e tambien preto do barrio de Ferrol Vello da cidade de Ferrol.

Esa paxina 4 das normas de 27 de abril feitas pola Capitanía Maritima, tamén proba a irresponsabilidade temeraria e tansgresora das autoridades que autorizaron a entrada do metanero Galicia Spirit, particularmente do Delegado do Goberno que ordenou o emprego das forzas antidisturbios e a Garda Civil para que un metanero entrase dentro de Ría de Ferrol ameazando a vida de miles de persoas.

Paxina-4-das-normas-de-capitania-maritima.pdf

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: