Accidentes en instalacions de gas natural licuado, e danos que xa se están producindo coas probas de Reganosa

É necesario recordar, 15 días despois de que o 9 de maio entrase o Gasero Galicia Spirit descargase 140.500 m3 de GNL, que menten ou non teñen autonomía persoal nin política para dicir o que senten, quen fan declaracións a favor de Reganosa, dicindo que non houbo accidentes neste tipo de plantas, ou facendo o avestruz dicindo que esperan que Reganosa sexa segura ou que lle esixirán seguridade nas súas instalacións, negando con iso a aplicación das leis que obrigan a que unhas instalacións perigosas como esa Planta de Gas a única seguridade para a poboación é que se sitúen a distancia suficiente segundo require o articulo 12 da Directiva europea coñecida como Seveso II, transpuesta ao Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo, ademais de que en España o Raminp esixe que esa distancia sexa como mínimo de dous quilómetros

As autoridades competentes deben prohibir a entrada doutro metanero e así mesmo deben paralizar as instalacións de Reganosa, Debemos recordarlles o seguinte:


Un informe do ano 1996 da Universidade Politécnica de Cataluña, titulado “Historical analisis of accidentes in the transportation of gas natural” (Análise histórica de accidentes no transporte de gas Natural”, aporta os seguintes datos resumen. Segundo a base de datos MHIDAS nesas datas do ano 1996, ían contabilizados 185 accidentes no transporte e distribución de gas natural, deles 131 accidentes (70,8%) ocorreron nos sistemas de transporte, gasoductos e metaneros, outros 32 accidentes (17,3 %) provocáronse nas plantas de proceso, luquefactoras ou regasificadoras, outros 13 accidentes (7%) foron en plantas de almacenamiento, e finalmente nove accidentes (4,9%) foran en actividades comerciais ou domesticas.

A Planta que constrúe Reganosa ten instalacións de descarga de gas natural licuado desde un metanero, almacenamento con dous tanques de 150.000 m3 de GNL cada un (total unha capacidade de almacenamiento de 300.000 m3 de GNL) e unha capacidade de regasificacion de 322.500 m3 por hora de gas natural regasificado. En se análise da Universidade Politécnica de Cataluña dos 185 accidentes, 45 deles, (25%) producíronse en instalacións similares ás de Reganosa .

No ano 1984, en San Juan de Ixhuatepec (México DF, México), un accidente nunha planta de gas licuado de petróleo provocou 500 mortos, 4.200 feridos e mais de mil desaparecidos. Arderon 6.500 toneladas almacenadas e as llamaradas alcanzaron 300 metros de altura, a radiación térmica foi tal que só foron recoñecidos o 2% dos cadáveres e unhas 20 hectáreas de superficie foron afectadas pola explosión e a radiación.

Danos que xa se están producindo coas probas Reganosa


Na noite do venres 18 de maio notouse un forte cheiro a gas, con maior intensidade nun circulo duns 500 metros de radio en terra nos núcleos de poboación da Pedreira e Meha, así mesmo en en o mar, en terra. Tamén ese cheiro a gas chego ata vivendas a uns dous quilómetros de Reganosa e no lugar de Franza(Mugardos). Por parte nas beiras da ría onde se atopou unha grosa capa de espuma procedente dos vertidos de Reganosa, que usan grandes cantidades de auga do mar ao que engaden cloro, para matar todos os microorganismos vivos. Antes de verter esa auga na ría agréganlle compostos químicos provocando un espuma e removendo os fondos mariños. No CCE vanse a reunir probas para presentar unha querella penal por delito ecolóxico. Recoméndase aos veciños e afectados que denuncien estes danos na Garda civil ou no Xulgado de Ferrol, ademais de facer fotos das espumas que orixinan eses vertidos e se é posible cun notario para acreditar a súa aparición e tamén os cheiros a gas.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Noticias / Novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: