Autoinculpaciones e Actuacións para que non entre na Ría un segundo buque metanero cargado de GNL

Autoinculpacions no procedemento nº 443/2007 do xulgado nº 3 de Ferrol

Yolanda D�az autoinculpándoseNa Asemblea do día 23 de maio esgotáronse os cen impresos de autoinculpación que se entregaron aos asistentes, tendo que posteriormente enviar copias por correo electrónico que se estiveron distribuíndo impresas ao lardo do día 24.

Delas o xoves 24 de maio entregáronse por rexistro dos Xulgados de Ferrol os cincuenta primeiros escritos de autoinculpación no procedemento 443/2007 aberto contra 25 mariscadores e no que Bernardo Bastida, Patrón Maior da Cofradía de Mariscadores de Ferrol, foi chamado a declarar o próximo 8 de xuño motivado a unha denuncia da Garda civil e por desobediencia á mesma o día 7 de maio, cando uns por terra e outros por mar un gran numero de persoas convocadas polo Comité Cidadán de Urxencia (CCE) estaban bloqueando a entrada da Ría para que non entrase o metanero Galicia Spirit cargado de 140.500 m3 de Gas natural licuado con destino a Reganosa.

Segundo acordouse en devandita Asemblea cidadá deuse un prazo dunha semana ata o xoves da semana próxima, día 31 de maio, para presentar escritos de autoinculpación.

A quen leven o escrito directamente ao rexistro dos Xulgados de Ferrol, rógaselles deixen copia, con selo de entrada, no Ateneo Ferrolan ou lla dean a un membro do CCE. Así mesmo aos que non poidan ir ao rexistro do Xulgado de Ferrol, teñen a opción de deixar o escrito asinado no Ateneo Ferrolan para que llo levemos a devandito rexistro do Xulgado.

Para persoas doutras cidades poden presentalo no rexistro do xulgado da súa cidade, ou envialo por correo postal ao Ateneo Ferrolan, para que se lle presente no Xulgado de Ferrol.

Actuacións para que non entre na Ría un segundo buque metanero cargado de GNL.

Nos últimos seis días por distintas vías houbo noticias de que outro metanero cargado de 140.500 m3 de GNL podería intentar entrar na Ría de Ferrol a finais de mes de maio e que dito intento podería ocorrer coa única pleamar diurna ás 12:52 do venres 25 de maio.

Ao longo do xoves 24 de maio non se tiña confirmado que este venres póidase producir ese intento, auque estarase vixiantes por se hai novas noticias.

A ese tipo de buques, grandes metaneros de 280 metros de eslora, cunha carga de 140.500 m3 de GNL en volume, equivalentes a un peso de 70.250 toneladas, e cun calado de 11 metros ou mais, as normas da Capitanía Marítima de Ferrol soamente permítenlle entrar con pleamar diurna.

En seguintes días, as pleamares diurnas son así:
Sábado 26 de maio ás 13:47, domingo 27 de maio ás 14:32, luns 28 de maio ás 15:10, martes 29 de maio ás 5:48, Mércores 30 ás 16:23, xoves 31 de maio ás 16,57.

Por iso o Comité Cidadán terá unha vixilancia e observación nese día 25 de maio e seguintes e no caso de que haxa noticia da súa aproximación e avisarase a todos cantos queiran participar nunha reunión no Porto de Ferrol e nas actividades que se poidan realizar para evitar a entrada de devandito gasero.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán, Recursos do Comité

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: