Proba documental contundente de que é imposible a salida de emergencia dos metaneros

Na Asemblea Cidadá do pasado 23 de maio entregouse aos asistentes unha copia da pagina 4, que se acompaña, das normas de 27 de abril de 2007 elaboradas pola Capitanía Marítima de Ferrol para a entrada, atraque desatraque e saída de metaneros cargados de GNL. Esa paxina é unha proba documental contundente de que un metanero como o Galicia Spirit non podería saír ao mar rápidamente e polos seus medios tal e como require a norma EN-1532. Reganosa ten pendente de demostrar ou acreditar se é posible a saída de urxencia e ese é un dos condicionados que ten na súa autorización de construción.

A norma EN-1532 require que en caso de urxencia o metanero salga ao mar rápidamente e polos seus medios. Nesa pagina 4 das normas de Capitanía Marítima especifica que en caso de urxencia uns remolcadores levaríano para o fondeadero de Santa Lucia, é dicir, moveríano uns 200 metros desde o peirao onde estivese atracado, para levalo a un punto dentro de Ría de Ferrol, mais preto do barrio das Casas Baratas de Mugardos e mais preto tamén da cidade de Ferrol. Pero esas augas interiores da Ría non é saír ao mar. Por se alguén o dubida debe dicírselle que os Prácticos son técnicos que guían aos barcos para entrar ou saír da Ría de Ferrol. Eses prácticos van nunha lancha pequena sóbense ao barco antes de entrar na Ría, nun punto fóra dela e do Porto Exterior. Na saída dos barcos, especialmente os grandes, o Practico sóbese ao barco dentro de Ríaa e abandónao logo de saír ao mar nese punto mais alá do Porto Exterior. É dicir, saír ao mar é saír mais alá do Porto Exterior.

Esta pagina 4 das normas de Capitanía Marítima son unha demostración de que é imposible resolver o devandito condicionado. Reganosa non ten resoltos os condicionados da súa autorización de construción, un é acreditar as distancias suficientes ata as poboacións próximas e outro é acreditar que a saída ao mar en caso de urxencia dos buques gaseros durante descárga. A primeira ollada pódese apreciar que eses dous condicionados son imposibles de resolver por Reganosa.

Polo tanto pódese concluír que non é legal a acta de posta en servizo para probas asinada na Coruña o 4 de maio pasado por Francisco Barroso Palomino, Director do “Área de Enerxía e Industria”, organismo provincial dependente do Ministerio de Industria.

Soamente con esa páxina 4 das normas de 27 de abril, elaboradas pola Capitanía Marítima de Ferrol, xa é unha proba documental contundente da irresponsabilidad temeraria e transgresora das autoridades que permitiron a entrada do metanero Galicia Spirit, particularmente do Delegado do Goberno, quen pese ás ás advertencias e informacións que o mes de marzo pasado facilitáronselle por escrito, ordenou o emprego das forzas antidisturbios e a Garda Civil para que un metanero entrase na Ría de Ferrol ameazando a vida de miles de persoas.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Noticias / Novas, Recursos do Comité

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: