Un segundo gasero podría chegar á Ría de Ferrol

Por distintas versións persiste e aumenta a certeza de que en dias próximos chegará un segundo gasero cargado de Gas Natural Licuado para as instalacións que Reganosa constrúe dentro da angosta Ría de Ferrol e nas que o pasado 9 de maio o Gasero Galicia Spirit xa descargou 140.500 m3 de Gas natural Licuado, iniciando unhas probas cun permiso tramposo e que non é válido debido a que Reganosa non cumprimentou todos os requisitos e condicionados aos que está suxeita a súa autorización de construción. Entre tales condicionados, un é a distancia de seguridade respecto de as poboacións próximas e outro condicionado refírese á saída de urxencia de buques gaseros, ambos imposible de cumprimentar desde a ubicación de Reganosa.

O que tal saída de urxencia ao mar é imposible, queda probado polas normas que a Capitanía Marítima elaborou con data 27 de abril para a entrada, atraque, desatraque e saída de metaneros con destino a Reganosa. Nesas normas consta que “se un buque de GNL, atracado en Reganosa, precisase abandonar o peirao debido a unha urxencia na terminal, utilizará como fondeadero de urxencia, o fondeadero de Santa Lucia..”, ao que ten que ser levado con axuda de remolcadores. Ese fondeadero de Santa Lucía é a ensenada onde están as augas do peirao de descarga de GNL, é dicir, como non pode saír ao mar, co permiso da Autoridade Portuaria, a chapuzada disposta é mover o metanero uns douscentos metros dentro de Ría ata un punto mais preto do núcleo urbano principal de Mugardos e a Cidade de Ferrol e ameazando á poboación. Ese fondeadero é en augas interiores da Ría de Ferrol, moi lonxe do punto mais alá do porto Exterior, onde os prácticos abandonan aos barcos logo de haberlles guiado para saír ao mar. Aínda máis, ditas normas refírense só ao caso dun accidente na Planta e saltan á torera a norma EN-1532 segundo a cal o barco debe poder saír ao mar rápidamene e polos seus medios. Calquera sabe que saír ao mar é saír da Ría.

Na primeira semana de maio tamén se recibiron versións con distintas datas para o Galicia Spirit. Por iso os compoñentes do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol se turnan para vixiar desde a costa unhas horas antes de cada pleamar diurna, por se se ve asomar o devandito segundo gasero e para avisar ao resto do colectivo.

Hoxe domingo 27 de maio a pleamar diurna foi ás 14:32. Asi púidose ver que ás 12 horas saíu un remolcador da Ría de Ferrol, pero seguiu rumbo ao porto da Coruña, pasando cara ás 12:25 horas por preto da Marola, roca situada no extremo sur da Ría de Ares, esta colindante ao sur coa Ría de Ferrol.

Ás 12,45 unha patrullera da Garda Civil tamén saíu da Ría de Ferrol con destino ao Porto da Coruña.

Pese ao día con borrasca, houbo momentos de suficiente visibilidad, ás 13:15 non se vía no horizonte ningún metanero, que ten unha velocidade de 15 a 19 millas por hora, polo que hoxe xa non lle daría tempo para estar no intervalo entre unha hora e a media hora antes da única pleamar diurna no día de hoxe ás 14:32.

O luns 28 de maio a única pleamar diurna será ás 15:10.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Noticias / Novas

One Comment o “Un segundo gasero podría chegar á Ría de Ferrol”


  1. […] Reganosa metendo o primeiro gaseiro (anúnciase xa outro para esta tarde, asistide á concentración no Porto de Curuxeiras a partir da 1…), e Fuco Buxán coa edición do libro “Muros de Silencio”; meteron no centro do debate […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: