GRAVES SUCESOS DE HOXE EN FERROL (e nova convocatoria)

Hoxe martes, a acción conxunta do Comité Cidadán de Emerxencia e a Cofradía de Pescadores de Ferrol, impediu a entrada na ría dun novo gaseiro con 120.000 litros de GNL para a ILEGAL Planta de Gas de REGANOSA.

A Policía Nacional o tempo que cargaba brutalmente e de forma indiscriminada contra os cidadáns/as concentrados PACIFICAMENTE no porto, detivo, nada mais desembarcar, ó Patrón Maior da Cofradía, Bernardo Bastida, quen permanece recluído no Cuartel da Guarda Civil, lugar onde se trasladaron en manifestación varios centos de persoas, que se concentraron ante o citado cuartel acordoado pola Policía Nacional, permanecendo alí durante varias horas.

Os varios cidadáns lesionados e o Comité de Emerxencia están a presentar denuncias no Xulgado.

Para mañá mércores 30, está previsto impedir novamente a entrada desa bomba flotante.

Desde o Comité de Emerxencia faise un chamamento a tódolos/as cidadáns/ás de Ferrolterra a:

CONCENTRARSE NO PORTO DE FERROL ás 3 da tarde.

A defensa da vida, da ría e dos case 1000 postos de traballo é responsabilidade de todos.

¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RIA!

¡PLANTA DE GAS Ó PORTO EXTERIOR!

Prégase a maior difusión .

Advertisements
Explore posts in the same categories: Convocatorias Comité Cidadán

6 Comentarios o “GRAVES SUCESOS DE HOXE EN FERROL (e nova convocatoria)”


  1. […] Data: Xa hai unha nova convocatoria para mañá ás 3 da tarde (ver aquí). ¡Se podedes, […]

  2. JC Says:

    Tedes todo o noso apoio como ferroláns estudantes en Santiago.
    Publiquei no noso blogue a noticia sobre o tercer bloqueo, se hai algo que queirades engadir ou comentar, facédelono saber.

    ¡A ría e nosa e non de Reganosa!

  3. JC Says:

    Desculpade, ésta é a dirección.

  4. Mario Says:

    Son un ferrolan que por motivos de traballo vivo dende hai anos fora ….pero estou flipando co que estou lendo e ouvindo na radio e vendo na television…¡¡HAI QUE LOITAR POR QUE QUITEN ESA MERDA DE PLANTA CONTAMINANTE DA RIA¡¡¡ dame unha trmenda rabia eimpotencia non poder estar ahi pra loitar con vos…ANIMO E SEMPRE PRA DIANTE. eles teñen o poder policial e politico…nos somos outro poder O PODER DO POBO..e nos teñen medo….por eso se ensañan contra nos…non vos rindades…..aloita debe seguir adiante e si necesitades cartos pra financiala se abre unha conta e eu serei o primeiro en meter unha pizca do meu soldo…pero a loita debe seguir sempre adiante…
    Animo¡¡¡¡

  5. AES briante Says:

    Creemos que por unha sociedade mais democrática , transparente e sostible temos a obriga de frear a Barbarie e apoiar o lema

    ¡Planta de gas, fóra da ría!

    Estamos mandando correos a todol@s socios e entidades coas que estamops en rede

  6. Suso Says:

    Crein que o que loitou meu pai nos 70,nos faria mais unidos na loita.Pero vexo que a xuventude cree que o camiño esta feito.Tiñan que estar orgullosos do que loitaron os seus pais,unha loita que trascendeu mais lonxe do que poden imaxinar.A historia a escriben outros como lles conven,pero nos imos facer a nosa historia por nosos fillos.SUMAROS A ESTA LOITA CONTRA A PLANTA DE GAS LOITADE XA NON POR VOS,POR VOSOS FILLOS.TODOS PODEMOS FACER A NOSA HISTORIA.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: