Manifestación 3 de xuño de 2007

(Ver 32 fotos)

MANIFESTO: “Liberdade para Bastida, Planta de Gas Fora da Ría”. Concentracion do 3 de xuño de 2007.

¡Bon día!

Hoxe estamos aquí na defensa da vida, da Ría e da legalidade, pero nos falta un compañeiro de loita cuxa liberdade queremos canto antes. Contamos coa vosa presenza solidaria pero tamén coa adhesión de moitos que non puideron vir.

Cabeceira 3 xuño 2007Achegámonos ata a casa do Concello, porque o 16 de xuño constituirase unha nova corporación e deixará de ser Alcalde quen durante estes catro anos estivo facendo de recadeiro de Reganosa, promovendo distintas iniciativas para favorecer unha perigosa planta de gas dentro da Ría e provocando que o Concello se retirase de dous contenciosos que tiña contra Reganosa, un deles gañado. Esperamos, que a nova corporación lle diga o Tribunal Supremo que faga firme a sentencia do TSXG para que os ferroláns e ferrolás recuperemos o dereito a ser defendidos pola Xustiza.

Achegámonos á Casa do Concello como administración máis próxima encargada de velar e garantir os nosos dereitos como cidadáns. Porque cando o poder das institucións é dirixido contra a cidadanía o que se amosa é abuso, máis propio dun estado totalitario que dun estado democrático. Estamos aquí para recordarlle á nova corporación que ten unha tarefa pendente co caso Reganosa, que non esconda a cabeza coma unha avestruz , que defenda a vida das ferrolás e ferroláns, e que sexan consciente de que Reganosa está dentro da Ría de Ferrol a 1200 m.

Cando aconteceu a catástrofe do Prestige, os traballadores e traballadoras do mar xa víronse na obriga de tomar a iniciativa, igualmente miles de voluntarios mobilizáronse en todo o Estado Español para facer fronte á marea negra, en ausencia de resposta das administracións. O goberno do Sr. Fraga na Xunta, estaba de caza, e o goberno do Sr. Aznar propagaba mentiras e paseaba o barco arriba e abaixo, con falsos asesoramentos técnicos. Así sucedeu o maior desastre ecolóxico do noso pais.

A historia leva trazos de repetirse, o caso Reganosa é o maior escándalo de corrupción política, económica e mediática da democracia e tamén pode chegar a converterse nunha enorme traxedia no caso de que a Planta de Gas entre en funcionamento. Aínda que xa neste momento, estamos en perigo co GNL que trouxeron os dous gaseiros, que se encontra almacenado nos tanques, co que Reganosa está facendo probas de regasificación.

Como no caso do Prestige a cidadanía, en ausencia e sen o amparo das administracións, tivemos que tomar a iniciativa. O xermolo do CCE xa no ano 1999 tivo diferentes iniciativas para que a Planta de Gas se ubicara no porto exterior. En xullo de 2001 constitúese como Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol sendo a tarefa fundamental conseguir que a Planta de Gas, sexa instalada no exterior da Ría de Ferrol. En todos estes anos leváronse a cabo accións, mobilizacións e denuncias… ante a Comisión Europea, seis contenciosos en trámite e un sétimo que se iniciará nestes días.

Montse Garel e Carmelo TeixeiroQueremos dicirlles aos que demagoxicamente se amparan argumentando que cando a xustiza se pronuncie acatarán as sentencias, que hai dúas sentencia favorables do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que están recorridas ante o Supremo, por Reganosa e pola Xunta coa finalidade de demorar a vía da xustiza e mesmamente menosprezando e ninguneando ao mais alto Tribunal Galego, para que así Reganosa poida seguir coa construcción da Planta a pesar da flagrante ilegalidade

Coas actuacións diante dos metaneros Galicia Spirit e Mourad Didouche, (que este último sexa un ano máis antigo que o Prestige, pon en evidencia a inseguridade de Reganosa), rompéronse os muros de silencio que en todos estes anos impediron que o caso Reganosa fora coñecido tanto pola poboación de Ferrolterra como pola do resto do mundo. Sendo víctimas de quen censuraron as nosas informacións con moitos cartos que Reganosa gastou en publicidade directa e encuberta. Eses muros de silencio saltaron polos aires os días 7, 8 e 9 de maio, cando cidadáns e traballadores do mar, dando un exemplo de gallardía, na defensa da vida, da Ría e da legalidade, sumáronse ás mobilizacións promovidas polo Comité Cidadán Emerxencia para a ría de Ferrol. Mobilizacións coas que impedimos, por catro veces a entrada ilegal na ría do buque gaseiro “Galicia Spirit”, cargado con 140.000 m³ de gas natural licuado. O 29 de maio impedimos o intento de entrada do segundo metanero chamado “Mourad Didouche”, cargado con 123.000 m3 de GNL. Foron moitas cadeas de televisión, radios e xornais as que levaron por todo o mundo a noticia, dando a coñecer os detalles da ameaza que supón Reganosa para a vida, para a Ría e para a legalidade democrática.

Só empregando as forzas de seguridade dun Estado de dereito e cargando contra a cidadanía indefensa, conseguiron metelos dentro da Ría. Os dous gaseiros entraron en base a permisos que non cumpren a legalidade, ameazando a vida da poboación, sen garantía de que poidan saír o mar en caso de emerxencia na planta ou no gasero, tal e como require a Norma EN-1532 que se está vulnerando. Tampouco existe na Autoridade Portuaria un plan de seguridade ou de emerxencias capaz de facer fronte a catástrofe que podería ser provocada por Reganosa. Ademais nos consta que Reganosa ten sen resolver condicionados da súa autorización de construcción, un deles o das distancias de seguridade ata as poboacións.

Todo o mundo sabe que a planta de gas de Reganosa é unha bomba. Todo o mundo sabe que a Planta de Gas non cumpre as distancias de seguridade respecto as poboacións. Todo o mundo debe saber que cada día de funcionamento da planta de gas matará a vida mariña e o placton de 300 millóns de litros da auga da Ría.

As actuacións que o Comité Cidadán levou a cabo nestes días, provocaron que Félix Alonso, presidente de Reganosa, Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta de Galiza, Xosé Barcia, alcalde de Mugardos e Vicente Irisarri, futuro alcalde de Ferrol, recoñecesen que a ubicación da Planta no interior da Ría non é a máis idónea. O Proxecto Reganosa sostense nun cúmulo de irregularidades e ilegalidades coa complicidade de institucións e medios de comunicación. Proba disto é a firma dun convenio con cláusulas secretas entre os promotores de Reganosa e o Sr. Fraga en xuño de 2000.

A Xunta de Galicia e o Goberno Central actuais herdaron o proxecto de Reganosa pero iso nin xustifica nin lexitima a súa plena aceptación. Moi ao contrario, teñen a obriga de facer respectar a legalidade e a vida, como ven esixindo o Comité Cidadán e tal e como se fixo coa cidade da cultura, replantexándose o proxecto herdado da ‘Era Fraga’. Estamos diante do maior fraude cometido no noso país. O bipartito de Touriño e Quintana e o goberno de Rodriquez Zapatero, teñen a responsabilidade de que non se converta na maior traxedia.

Temos que denunciar o intento de moitos medios de comunicación e autoridades de tratar o problema da planta de gas como se só afectase aos mariscadores, intentando reducir un gravísimo problema a unha simple reclamación de danos económicos. Con esta idea tentaron criminalizar e desprestixiar aos traballadores e traballadoras do mar dirixindo cara eles toda a responsabilidade da oposición cidadá á entrada de gaseros, e buscaron un ‘chivo expiatorio’ na persoa de Bernardo Bastida. Os cartos nunca poderán pagar, por incalculable, a vida dos miles de cidadáns e cidadás que están poñendo en perigo. É preciso recordar aos nosos gobernantes que a vida non é negociable.

É necesario que a cidadanía de Ferrolterra se comprometa con máis determinación que nunca na loita por restaurar a legalidade, coa finalidade de que se paralice a construcción de Reganosa e que sexa expulsada fóra da ría.

Co encarceramento de Bastida pretenden escarmentarnos, atemorizarnos e mesmo converternos en criminais. Mais as mulleres e homes do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, non escarmentamos nin nos asustamos e continuaremos defendendo:“¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA, BASTIDA SOMOS TODOS, LIBERDADE PARA BASTIDA “!!!!!!!!

Advertisements
Explore posts in the same categories: Boletíns - Manifestos, Fotos do Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: