No camiño: en solidariedade co Patrón Maior da Cofraría de Ferrol

A noite do venres ao sábado, os participantes (das Cofrarías, do Comité Cidadán e outras entidades sociais) na marcha pernoctaron nun pavillón deportivo prestado polo Concello de Pontedeume, onde tiñan duchas e bos servizos.

Hoxe a marcha saíu ás 7,15h de Pontedeume e nun primeiro tramo percorreu 20 quilómetros ata Betanzos, a onde chegou ás 12h da mañá. En Betanzos, despois dun descanso para comer, a marcha saíu ás 16,15 pola Nacional VI ata o lugar de Ois no Concello de Coirós, cun percorrido de 10 kilometros a onde chegou ás 19 horas.

No lugar de Ois os participantes pernoctarán nun pavillón polideportivo prestado polo Concello. Na terceira e última etapa para o domingo 10 de xuño a marcha ten previsto saír ás 7 da mañá para percorrer un primeiro tramo de 12 kilometros, subindo a Costa do Sal, ata a poboación A Castellana, situado na mesma Nacional VI despois de Montesalgueiro.

Despois dun descanso sairán ás 12 horas para seguir pola Nacional VI, por unha estrada secundaria, que leva ao Concello de Teixeiro e percorrer os últimos 10 kilometos ata o Centro Penitenciario situado na Estrada de Paradela s/n Teixeiro – Curtis. Está previsto chegar ao final do percorrido para as 15 horas.

Neste último percorrido sumaranse máis participantes que irán en autobúses desde Ferrol, Mugardos e Barallobre (Fene). Cunha concentración o máis próxima ao cárcere finalizará a marcha, despois dunhas palabras por parte de portavoces da Confraría de Pescadores de Ferrol e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Fotos acto solidariedade APDR Pontevedra 8 xuño 2007

PzPeregrina_Bastida080607PzPeregrina2_Bastida080607

Fotos da Marcha a Centro Penitenciario de Teixeiro (Ferrol, Pontedeume, Betanzos)

As P�as - FerrolPontedeumeBetanzos

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán, Fotos do Comité Cidadán, Noticias / Novas

One Comment o “No camiño: en solidariedade co Patrón Maior da Cofraría de Ferrol”

  1. desde Asturias Says:

    ánimo compañeros. Hay que seguir luchando para que se haga justicia.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: