Ante o cárcere de Teixeiro: ¡Bastida liberdade! ¡Reganosa fóra da ría de Ferrol!

Concentración ante o cárcere de Teixeiro, despois da marcha de 80 quilómetros a pé desde Ferrol, en apoio ao Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, Bernardo Bastida.

Vimos ata aquí para manifestar publicamente que Bastida recupere a liberdade porque a súa prisión incondicional vulnera a constitución de 1978, é un moi grave abuso nun estado democrático. Tamén vimos aquí co slogan ¡Planta de Gas fóra da Ría!. O Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, Bernardo Bastida, non cometeu ningún delicto, está no cárcere por liderar e defender os intereses dos mariscadores, e tamén por defender a vida dos cidadáns da Ría de Ferrol, ameazada pola entrada de buques gaseros cargados de gas natural licuado e polo funcionamento en probas de Reganosa.

A xustiza non está para reprimir o liderado do Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol nin o de calquera outro colectivo. Entendemos que é infumable a prisión incondicional ordenada para o Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol a fin de reprimir o seu liderado cos traballadores do mar. Esiximos a súa liberdade inmediata canto antes cos argumentos da sentenza de 19-1-1994 da sala 2ª do Tribunal Supremo Sala 2ª no recurso nº recurso 773/1993 para os veciños de Góngora no Val de Aranguren (Navarra), que é aplicable ao conflito social que se está producindo na Ría de Ferrol co caso Reganosa. Na Ría de Ferrol un colectivo de cidadáns estamos defendendo a vida, a riqueza da Ría, é dicir, o medioambiente e tamén defendemos a legalidade. Neste colectivo de cidadáns as primeiras vítimas son os mariscadores en perdas económicas e polo risco de que os seus 600 empregos desaparezan, así mesmo que sexan abortados os máis de 1500 empregos de mariscadores despois de que este realizado o saneamento integral de toda a Ría.

Hoxe aquí lembramos publicamente que na devandita sentenza do Tribunal Supremo consta que “o articulo 45.1º da Constitución Española confire a todos o dereito a gozar dun medio ambiente adecuado para o desenvolvemento da persoa, así como impón o deber de conservalo.”

Tamén consta que “É certo que todos habemos de afacernos a resolver os problemas interpersoais e sociais pola vía do Dereito, pero ás veces, cando por unhas ou outras razóns, estes camiños ou resultan difíciles de comprender ou percorrer para os cidadáns ou non existen as reaccións que serían de desexar nas correspondentes condutas, estas han de ser xulgados desde unha clave de proporcionalidade racionalidade e respecto á liberdade, na medida en que esta última sexa compatible cos demais valores constitucionais.”

Por iso hoxe aquí tamen reclamamos que esta sentenza do Tribunal Supremo sexa tida en conta, que sexa respectada a Constitución de 1978 e que Bernardo Bastida sexa posto en liberdade canto antes.

Ademais este colectivo de cidadáns esta reclamando que as autoridades apliquen as leis segundo as cales unha instalación perigosa como unha planta de gas non pode ser unha ameaza para a vida humana e que teñen o Porto Exterior para situar a Planta de Gas de Galicia. Por iso reiteramos o dito o pasado domingo 3 de xuño na manifestación en Ferrol, que o problema social que provoca Reganosa non se pode reducir a un asunto económico cos mariscadores, Reganosa é unha ameaza para a vida humana e as autoridades dun estado democrático non poden permitir que se vulneren as leis existentes.

Os metaneros Galicia Spirit e Mourad Didouche cargados de Gas Natural Licuado, a brutal actuación das forzas antidisturbios e a prisión incondicional de Bastida, provocaron mais problemas que agudizan o conflito social. A súa entrada na Ría de Ferrol é unha ameaza moi grave para a vida. Esperamos que non chegue ningún metenero máis cargado de GNL e que sexa evacuado o existente nas instalacións de Reganosa. Mentres non sexa paralizada a ameaza de Reganosa, haberá mais problemas cada vez que un gasero cargado de GNL pretenda entrar na Ría de Ferrol.

Estamos en condicións de axudar á Xunta de Galicia para que abandone as falsidades herdadas de éra Fraga, tamén no caso de Reganosa, para que haia mais e millores empregos dos traballadores do mar e para que sexa respetado o liderado dos seus Patrons Maiores.

Podemos demostrar á Xunta que a Planta de Gas de Reganosa non é estratéxica, que é falsa a afirmación que está facendo. Así mesmo para que a Xunta abandone a falsidade e pretexto de que a planta de Gas xa está feita. Iso e falso, as obras non estan terminadas e é imposible que Reganosda poida cumprimentar todo-os condicionados da súa autorización de Construción en relación cos riscos para a poboación e o medioambiente. Para falar disto retamos a un debate publico en directo, o Presidente da Xunta, o Viceperesidente, e os Conselleiros de Industria, Economía, Medio Abiente e Economía, por separado ou todos xuntos. Por iso seguimos dicindo ¡Non estamos todos, falta Bastida!, ¡Liberdade para Bastida!, ¡Planta de Gas Fóra da Ría!

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán, Fotos do Comité Cidadán

One Comment o “Ante o cárcere de Teixeiro: ¡Bastida liberdade! ¡Reganosa fóra da ría de Ferrol!”


  1. […] malestar social segue a plasmarse na marcha que estes días houbo sobre a Prisión de Teixeiro, ou nos centos de autoinculpacións ante os xulgados ferroláns, os mesmos que vulneran dereitos […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: