Entregadas as firmas solicitando o cese dos que meteron os gaseiros en Reganosa

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol enviou sendos escritos, cunhas 1.200 firmas que solicitan os cesamentos do Delegado do Goberno en Galicia, do Director do Area de Industria e Enerxía na Coruña e do Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol: Amable Dopico Freire. 

Nos tres escritos asinados pola Presidenta da Plataforma de Veciños “O Cruceiro de Meha”, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, o sábado pasado 16 de xuño presentouse por Rexistro da Xunta de Galicia en Ferrol, un primeiro envío de escritos con firmas aos Ministros do Interior e de Industria, así mesmo á Conselleira de Política Territorial da Xunta de Galicia, solicitando os cesamentos do Delegado do Goberno en Galicia: Manuel Ameijeiras (1.209 firmas), o Director do Area de Industria e Enerxía na Coruña: Francisco Barroso Palomino (1.182 firmas) e o Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol: Amable Dopico Freire.(1.176 firmas).Para un segundo envío de firmas, este fin de semana recibíronse 27 firmas máis para cada un dos citados. Así as firmas totais que piden o seu cesamento son: 1.236 para Manuel Ameijeiras Vales, 1.209 firmas para Francisco Barroso Palomino e 1.203 firmas para Amable Dopico Freire.Nos escritos pídese o cesamento polo que alegan os asinantes en relación coa entrada na Ría de Ferrol, o pasado 9 de maio, do gasero Galicia Spirit cargado con 140.500 metros cúbicos de Gas Natural Licuado que descargou na Planta de Gas que a empresa Reganosa está construíndo en Mugardos, ameazando a vida da poboación próxima e empregando para iso unha forza publica antidisturbios que desde as 6 da mañá pechou todos os lugares de embarque. Resáltase que os feitos repetíronse o 30 de maio, coa entrada do metanero Mourad Didouche para descargar 110.000 m3 de GNL, pero desta vez provocando as forzas antidisturbios unha brutal e inxustificada carga contra os cidadáns que pacificamente estaban nos peiraos de Ferrol, producíndose feridos que tiveron que ser atendidos no Hospital Arquitecto Marcide.

Envíaselles a paxina 4 das Normas de Seguridade elaboradas pola Capitanía Marítima de Ferrol, onde consta como Fondeadero de Urxencia o de Santa Lucia dentro da Ría de Ferrol, proba evidente de que os metaneros Galicia Spirit e Mourad Didouche entraron na Ría de Ferrol sen estar acreditada a súa saída de urxencia ao mar requirida pola norma EN-1532, cuxo cumprimento foi expresamente requirido á Autoridade Portuaria de Ferrol nos escritos da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas de 20 de setembro de 2001 e 4 de decembro de 2003, cuxa copia tamén se acompañan cunha foto de Google Earth e notas indicando dentro da Ría de Ferrol onde está situada a Planta de Gas que Reganosa esta construíndo, o fondeadero de Santa Lucia, e indicando tamén o lugar de saída ao mar onde os prácticos abandonan os barcos logo de guialos pola canle de entrada/saída.

Igualmente envíanselles as dúas respostas do Goberno no Congreso dos Deputados, en setembro de 2006, nas que di que esixirá o cumprimento de todos os condicionados da autorización de Reganosa outorgada o 13 de febreiro de 2004 pola Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas actualmente dependente do Ministerio de Industria, sinalándolles que entre os condicionados que Reganosa non resolveu están a saída de urxencia dos buques gaseros segundo a norma EN-1532 e o dictame de seguridade sobre distancias suficientes ata as poboacións a fin de que non sufran riscos, segundo o articulo 12 do Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo, transposición da Directiva 96/82/CE (Seveso II).

Finalmente infórmaselles que a Planta de Gas que Reganosa constrúe, polo organismo provincial competente foi cualificada como Molesta, Insalubre, Nociva e Perigosa, pero que non cumpre co RAMINP (Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas) que require un mínimo de dous quilómetros de distancia ata o núcleo de poboación agrupada mais próximo. Por outra banda non existen, nin son posibles as medidas correctoras que poidan evitar os riscos de accidente grave que poden afectar á vida e bens das poboacións próximas. Os escritos finalizan afirmando que o feito de que todo iso estea pendente de contenciosos nos tribunais, non exime á Administración Publica das súas obrigacións para aplicar a leis e tomar medidas antes de que ocorra unha catástrofe que pode provocar miles de víctimas.

Dos documentos que se citan, a esta nota acompáñase a paxina 4 das Normas de Capitanía Marítima, como proba documental de que é imposible a saída ao mar en caso de urxencia, e así mesmo a foto de Google Earth sobre a que se teñen sinalizados os fondeadoiros interiores e exteriores existentes.

Fondeaderos: anexo-4-fondeaderos-en-la-ria-de-ferrol.pdf

 Escritos cese:escritos-15-junio-2007-peticion-de-ceses.pdf

 Capitanía: paxina-4-das-normas-de-capitania-maritima.pdf

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: