Para que Reganosa non teña a autorización definitiva: Suma a túa firma.

¡Firma xa!Os que abaixo asinan, manifestan o seu total desacordo coa ubicación dunha planta de Gas Natural Licuado dentro da pequena e angosta Ría de Ferrol, que Reganosa está construíndo sen ter acreditado que cumpre coa lexislación vixente, nas proximidades de núcleos de poboación que suman máis de 100.000 habitantes, cuxa vida ameazaría en caso de entrar en funcionamento, co risco permanente dun accidente grave na planta ou nos grandes buques gaseros cargados de GNL, cuxa ruta de navegación pasaría a escasa distancia da poboación e do arsenal naval militar.

Tamén, no caso de entrar en funcionamento, Reganosa ameazaría a destrución da riqueza natural da Ría, que é o medio de vida de preto dun milleiro de mariscadores, así mesmo sería un grave obstáculo para a declaración de patrimonio da humanidade proposta para os Castelos e Arsenais, ademais de que provocaría perdas no patrimonio histórico e na potencialidade turística.

Denunciamos que é imposible que Reganosa poida cumprimentar os condicionados impostos na súa autorización de construción, sobre distancias de seguridade respecto das poboacións próximas e para a saída de urxencia dos buques gaseros, polo que non estarían salvagardadas as persoas e os seus bens. Denunciamos o anuncio da súa entrada en funcionamento saltándose ditos condicionados. Así o facemos constar cando aínda estamos a tempo de evitar unha traxedia.

Pola ameaza que implicaría Reganosa para a vida humana nas poboacións próximas e por ser totalmente contraria ao desenvolvemento sostenible da Ría de Ferrol, non debe ser autorizada a súa entrada en funcionamento, trámite que ten a obrigación de solicitar.

Desde o ano 1994 en Cabo Prioriño existe unha ubicación idónea para unha Planta de Gas en Galicia, no mesmo espazo onde se está construíndo o Porto Exterior, con suficiente illamento da poboación e onde se poden cumprimentar todos os requisitos aplicables, a tempo suficiente para que Galicia poida dispoñer dunha plataforma gasista.

Nome e apelidos Ocupación DNI

Manuel Rivas Barros, Escritor. Teresa Navaza González, Xornalista. Suso de Toro Santos, Escritor. Lino Braxe Mendía, Poeta-Actor. Xosé Manuel Beiras Torrado, Catedrático. Luis Gonzalez Tosar, Escritor. Xesús Alonso Montero, Catedrático. Laura Perez Landeira, Empresaria. Adela Figueroa, Presidenta de Adega. Miguel de Lira, Actor. Xan Duro, Coordinador Xeral de Verdegaia. Antonio Carnero Pose, Investigador. Manuel Lago Peñas, Economista. Enrique Banet Lopez, Realizador. Mabel Rivera, Actriz. Elina Luaces Ferreiro, Actriz. Jose Naya Díaz. Catedrático. Pedro A. Pomo García, Escritor. Modesto Fraga Moure, Escritor. Francisco M. López Martínez, Escritor. Xavier Castro Martínez, Diseñador. Ignacio Ramonet, periodista (e siguen moitos máis)…

Prégase que os exemplares asignados (adxuntando nome e apelidos, ocupación e dni) se entreguen ao Comité Cidadán ou se envien por Correo Postal á seguinte dirección:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Ateneo Ferrolán

Apartado de Correos 303

Ferrol 15401

Advertisements
Explore posts in the same categories: Boletíns - Manifestos

11 Comentarios o “Para que Reganosa non teña a autorización definitiva: Suma a túa firma.”

  1. anton Says:

    Salvemos as rías, o noso futuro está nelas!

  2. Mª del Pilar Armada Iglesias Says:

    Estou totalmente en contra da planta de gas natural.

  3. Santi ml Says:

    O meu nome é Santi Martínez López, traballo como operario nunha empresa do sector textil e pertenzo á Asociación O Fervedoiro (Cuntis). Quero deste xeito expresar o meu total apoio ao manifesto e engadir, se é posíbel, o meu nome aos/ás asinantes.

  4. Amadeu Domínguez Estévez Says:

    Quero asinar para defender a ría de ferrol. Fora reganosa!

  5. Xurxo Bértola Rodríguez Says:

    Reganosa ao porto exterior de Caneliñas.

  6. paulo Says:

    ola,
    podo asinar por internet?


  7. Paulo: En principio deberas baixar este post, firmar e envialo por correo postal ao Apartado 303 de Ferrol. Se desde o Comité deciden outra cousa, aquí terás a información precisa. Grazas.

  8. dani Says:

    Estaría ben que colgásedes un documento .pdf ou algo do estilo que puidesemos baixar para recoller firmas. Así podemos baixalo, imprimilo, e recoller firmas entre amigas e amigos e logo mandarvos os documentos. As facilidades que poñades á hora de firmar de seguro que aumentan o número de firmas. Estarei atento a ver se colgades algo.


  9. Así o farenos hoxe ao longo do día, grazas polo comentario e perdón pola molestia.

  10. dani Says:

    Moi ben. Tentarei conseguir unhas cantas firmas para enviar todo xunto. Un saúdo, e ánimo.


  11. […] Fonte: Para que Reganosa non teña a autorización definitiva: Suma a túa firma […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: