Veciñanza pechada desde o luns no Concello de Mugardos: Solidariedade

Veciños no peche de MugardosManteñamos a solidariedade coa veciñanza pechada no concello de Mugardos:

Facendo visitas individuais ao lugar do peche, na casa do Concello de Mugardos.

O venres 27 de xullo, as 20 horas os integrantes da Asemblea Cidadán estamos a coincidir na visita, para ver si concretamos mobilizacións de apoio nos vindeiros días. Caso necesario improvisaríase unha xuntanza na Praza do Concello, onde fan o cine.

Enviándolles cartas ou telegramas de apoio e solidariedade á Casa do Concello. Av. de Galiza, 45, Mugardos 15622, teléfono 981470290 e Fax: 981 472 017.

Remitindo aos medios de comunicación notas de prensa de apoio.

Acordando en asociacións, comités de empresa e outras entidades, mostras de solidariedade e apoio á veciñanza pechada, na defensa da vida, das súas vivendas e da súa seguridade.

Remitindo cartas, Fax ou telegramas as autoridades que abaixo se indican, para que atendan as demandas veciñais e para que non sexa aprobada o acta de explotación comercial, ou de entrada en funcionamento definitivo, que Reganosa ten obrigatoriamente que solicitar si pode acreditar que ten rematadas as obras,das que o pasado mes de xuño había anunciado seu remate e agora sábese que as ten retrasadas por mor de trapalladas nas mesmas, non séndolle posible resolver tódolos condicionados da súa autorización de construción.

A continuación se indican uns enderezos de autoridades implicadas, as que se pode manifestar o rexeitamento a REGANOSA e o apoio á veciñanza de Mugardos, asemade solicitar seu apoio para que non sexa aprobada o acta de explotación comercial, ou de entrada en funcionamento definitivo, que Reganosa ten a obriga de solicitar. Non sendo posible que Reganosa resolva os condicionados de distancias as poboacións e de saída o mar dos buques gaseiros en caso de emerxencia, tamén para solicitarlles que sexa paralizada a actividade en probas de Reganosa e que non reciba mais metaneros cargados de gas natural licuado, a fin de que deixe de ser unha ameaza para a vida da poboación e o medio ambiente na Ría de Ferrol

Xosé Fernández Barcia (En marzo de 2004 firmou a licenza municipal de obras e actividade).

Alcalde de Mugardos

Avda. de Galicia, 45

Mugardos 15620, Tel.: 981 470 338 / 470 290 – Fax: 981 472 017

Emilio Pérez Touriño (Apoia a Reganosa e aprobou un indebido Plan de Emerxencia Exterior)
Presidente da Xunta de Galicia
Edificios Administrativos – San Caetano, s/n

Santiago de Compostela 15704, Tel.: 981 541 213/541 214 – Fax: 981 541 219
Correo-e:
secre.presiden@xunta.es

Anxo Manuel Quintana González (Idem do Presidente a dúo co mesmo)
Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

Edificios Administrativos – San Caetano, s/n
15704 Santiago de Compostela, Tel.: 981 544 619 / 21 – Fax: 981 545 620

Manuel Amejeiras Vales (Ordenou o emprego da forza publica para a entrada de metaneros)

Delegación do Goberno

Praza de Ourense 11 – 15004 A Coruña, Tel.: 981 989 000 Fax: 981 989 247

Francisco Barroso Palomino (Compételle aprobar ou non o acta de explotación comercial)

Area de Industria e Enerxía

Durán Loriga, 9-5º – 15071 A Coruña, Tel.: 981 216 562/63 – Fax: 981 225 246

Joan Clos i Matheu (No ano 2004 seu Ministerio aprobou a autorización de construción (*))

Ministro de Industria

Pº de la Castellana, 160, 28071, Madrid – Tel.: 902 446 006, Fax: Fax: 91-457-8066

(*) (O Area de Industria y Enerxía e un organismo dependente do Ministerio de industria.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán, Convocatorias Comité Cidadán

One Comment o “Veciñanza pechada desde o luns no Concello de Mugardos: Solidariedade”

  1. Calidonia Says:

    Diría eu que faltan bastantes máis políticos e cargos nesa listaxe pra que poder dicir que responde fielmente á corresponsabilidade de TODAS as forzas políticas que teñen responsabilidades na trama de REGANOSA.

    Sen ánimo de ensarillar politicamente o tema penso que sería máis xusto completar a lista, remontándonos a Fraga, incluíndo ao anterior alcalde socialista de Mugardos que tamén asinou recualificacións, e incluíndo a todos os que teñen que ver coa área de protección civil na Xunta.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: