Asemblea Cidadá, xoves 9 agosto ás 20 horas

A tódalas entidades cidadás e persoas, integradas na Asemblea Cidadá de Ferrolterra

XV ASEMBLEA CIDADÁ

Día: XOVES, 9 DE AGOSTO DE 2007,

Horas: 20,00 horas

Salón de Actos AVV de Ferrol Vello

Desde o 4 de maio pasado Reganosa ten un acta parcial para probas por tres meses que finalizan estes días. Na Ría entraron cinco gaseros e descargaron 482.582 m3 de GNL, o quinto o 9 de xullo pasado, polo que Reganosa é unha ameaza real permanente, día e noite, para a vida de miles de habitantes na Ría de Ferrol.

Por iso nestes momentos estamos preparando un plan de actuacións cunha manifestación para o próximo 30 de setembro, distribución de bandeiras co lema Planta de Gas Fora dá Ría, e recollendo firmas para que as autoridades competentes non lle aproben a Reganosa o acta de explotación comercial ou de entrada en funcionamento definitivo que a 27 de xullo pasado aínda non solicitada.

Neste contexto desde o pasado 23 de xullo un grupo de veciños de Mehá (Mugardos), os que teñen súas vivendas mais preto da Planta de Gas que Reganosa constrúe, adosada ó complexo Petroquímico do Grupo Tojeiro, seguen pechados na Casa do Concello de Mugardos, denunciando un Plan de Emerxencia Exterior que nunca será un bo Plan de Emerxencia Exterior pola ubicación de Reganosa dentro da Ría de Ferrol, polo que súmanse a nosa reclamación de que non sexa aprobada o seu funcionamento comercial e que a Planta de Gas se ubique fóra da Ría. Desde o Comité Cidadán para apoialos o pasado 29 de xullo realizouse un pasa rúas con cacerolada en Mugardos, así mesmo compre ver de integrar dito peche dos veciños de Mehá no plan de actuacións que estamos elaborando.

ORDE DO DÍA

1º.- Informe de situación.

2º.- Plan de actuacións para agosto e setembro.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Convocatorias Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: