Actos de solidariedade cos veciños pechados en Mugardos

O cantautor Pepe Constela oriúndo de Santiago e afincado en Oleiros, actuará hoxe martes 7 de agosto as 22 horas no Salón de Plenos da casa do Concello de Mugardos, onde desde o pasado 23 de xullo se encontran pechados un numeroso grupo de veciños de Mehá, que son os que teñen as súas vivendas máis preto das instalacións que constrúe Reganosa.

Mañá mércores 8 de agosto ás 19 horas, no mesmo salón de Plenos do Concello de Mugardos actuará Xurxo Souto oriúndo de Montealto (A Coruña).

Ambos cantautores acuden expresamente en solidariedade co peche dos veciños de Mehá quen falaron directamente con ditos cantautores.

O sábado pasado nas Festas de Ferrol actuaron Luis Pastor e Joao Afonso, quen foron a visitar ós veciños pechados na Casa do Concello de Mugardos, por xestións do Comité Cidadán coa Concelleira de Cultura de Ferrol,Iolanda Díaz, quen tamén estivo nas actuacións que Luis Pasator e Joao Afonso fixeron no salón de Plenos do Concello de Mugardos, diante dos veciños pechados e dos visitantes que alí coincidiron.

Ademais de solidarizarse cos veciños pechados na casa do Concello de Mugardos, estas actuacións tamén teñen como finalidade chamar a atención ó resto dos cidadáns e das Administracións competentes dependentes do Ministerio de Industria para que non sexa aprobada a acta de explotación comercial que Reganosa ten obrigación de solicitar.

Así mesmo, da ameaza real que xa Reganosa esta provocando coas probas parciais que esta facendo desde o 9 de maio en que entraron cinco gaseros para descargar gas natural licuado, habendo pasado máis dun mes desde que o quinto gaseiro entrou o 9 de xullo, dedúcese que Reganosa ten problemas serios para acreditar a finalización da súas obras e os condicionados existentes na súa autorización de construción sobre distancias suficientes á poboación e de saída de emerxencia dos buques gaseiros, condicionados que son imposibles de resolver coa ubicación dentro da Ría de Ferrol, polo cal ningún Plan de Emerxencia Exterior de Reganosa sirve para evitar o risco de catástrofe e ameaza para a vida de miles de persoas da Ría de Ferrol e para a riqueza marisqueira.

Carmelo Teixeiro

-Coordinador do Cté. Cidadán-

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán, Convocatorias Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: