13 setembro: Convocada a XVI Asemblea Cidadá do CCE

A tódalas entidades cidadás e persoas, integradas na Asemblea Cidadá de Ferrolterra

XVI ASEMBLEA CIDADÁ

Xoves 13 de Setembro de 2007, ás 19,30 horas

Lugar: Salón de Actos da AVV de Ferrol Vello (Praza do Curro, 1)

Logo Oficial Cté. CidadánNa pasada primavera quedaron rotos os muros de silencio, desde entón ningún medio de comunicación censúranos e os máis cualificados profesionais da información profundizan e difunden o fondo do fráxil e fraudulento do “caso Reganosa” e a ameaza que supón para a vida humana ou a riqueza natural da Ría de Ferrol, así mesmo dos condicionados da súa autorización de construción imposibles de resolver nas distancias á poboación e na saída ao mar dos gaseros en caso de urxencia, polos cal non débelle ser aprobado o acta de explotación ou de funcionamento definitivo, quedando como monicreques ou mentireiros quen publicamente dixeron que tiña todos os permisos.

Reganosa ten que recorrer a un acta de probas parcial prorrogada o 8 de agosto, para inxectar gas natural nos gasoductos, sen finalizar das obras e cando os seus socios demostran publicamente non ter seguridade do seu funcionamento ou subministración. É moi importante a intensidade das actuacións destes meses que culminarán nunha manifestación o próximo 30 de setembro.

É hora para que os organismos competentes entren en razón e decidan pór fin á ameaza de Reganosa. Nunca será tarde se esa decisión administrativa, xudicial ou política prodúcese antes de que ocorra unha catástrofe con miles de víctimas.

ORDE DO DÍA

1º.- Informe de situación.

2º.- Manifestación para o 30 de setembro de 2007.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Octavilla_30setembro2007.pdf

Advertisements
Explore posts in the same categories: Convocatorias Comité Cidadán

One Comment o “13 setembro: Convocada a XVI Asemblea Cidadá do CCE”


  1. […] Cidadán. Pincha aquí. « Gráfico: Infraestructura gasística gallega. “El Expolio del Gasoducto” […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: